
Ciberseguridade para a sociedade
Nunha contorna cada vez máis dixitalizada é importante que as persoas se comprometan coa seguridade. Os usuarios están cada vez máis preocupados pola seguridade pero aínda é necesario mellorar a concienciación e a formación básica para evitar a exposición aos riscos derivados do uso do ciberespazo e saber actuar ante os ataques cada vez máis frecuentes e de maior impacto.
A Amtega, a través do Observatorio da Sociedade da Información, avalía a seguridade e confianza dixital nos fogares galegos e o coñecemento da sociedade no eido da ciberseguridade, a través da análise de diversos factores como a percepción da seguridade e da confianza na rede e a investigación dos incidentes de seguridade, o uso de ferramentas ou software de seguridade entre outros. Esta previsto que a fináis do 2020 dispóñase dunha nova actualización .
Segundo o estudo: O 90% cre que sería recomedable dispoñer de maior información sobre seguridade na internet
Iniciativas para a sociedade
Algunhas recomendacións de ciberseguridade