VMware vSphere 6: novas funcionalidades (administración, almacenamento, networking e dispoñibilidade)

Monday 30 de November de 2015

VMware vSphere 6: novas funcionalidades (administración, almacenamento, networking e dispoñibilidade)

Santiago | 30/11/15

Descrición: Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o vindeiro día 30 de novembro de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario técnico de presentación das novas funcionalidades de VMware vSphere relacionadas con administración, almacenamento, networking e dispoñibilidade. O relator da xornada será Pedro José Canela Torres, enxeñeiro técnico de telecomunicacións, instrutor oficial de VMware (VCI level 2) e con experiencia profesional no desenvolvemento de labores de soporte, consultoría e formación especialmente nas áreas de almacenamento, virtualización e Datacenter. No referente ao eido de virtualización Pedro conta cunha ampla experiencia en contornas de virtualización VMware estando acreditado coas certificacións VCP-DCV (VMware Certified Professional – Data Center Virtualization) e VCAP-DCA (VMware Certified Advanced Professional – Data Center Administration). O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. Se está interesado en asistir a este seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode consultar na rede de aulas CeMIT, http://cemit.xunta.es, cal é a aula CeMIT máis próxima ao seu domicilio na que se vai emitir o evento e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

Data de celebración: 30 novembro 2015

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Horario:de 16:30 a 20:30 horas

Conferenciantes: Pedro José Canela Torres

Máis información: CNTG

Organismo promotor: Xunta de Galicia

 

Monday 30 de November de 2015