Administración da base de datos MySQL

Luns 13 de Febreiro de 2023

Administración da base de datos MySQL

 

  • Data inicio: 13/02/2023
  • Data fin: 03/03/2023


Ao longo da formación os e as asistentes recibirán os coñecementos necesarios para instalar unha base de datos MySQL, crear e executar estratexias de copia de seguridade, particionar a base de datos, xestionar os seus usuarios, crear procedementos almacenados,  triggers, vistas, establecer limitacións en recursos, controis de acceso, etc. 

Recomendable ter coñecemento/nivel medio de comprensión lectora en inglés debido a que a proba de nivel pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta  neste curso xeralmente realízase en inglés.

Obxectivos :

Ao final da formación o alumnado saberá:

  • Describir a arquitectura de MySQL
  • Actualizar MySQL
  • Configurar opcións en tempo de execución
  • Avaliar tipos de datos para mellorar o  performance
  • Entender o almacenamento  InnoDB
  • Realizar  backup e operacións de restauración

O alumnado estará en disposición dos coñecementos recomendados para a superación dos exames de certificación oficial MySQL 8.0 Database  Administrator, requiridos para a obtención da certificación oficial 1Z0-908. 

Dirixido a :

Este curso está dirixido a aquelas persoas que queiran aprender a administrar a base de datos MySQL, para converterse nun/nunha administrador/a sobre a base de datos open source máis popular. 

Recomendable nivel medio-alto de comprensión lectora en inglés.

Perfil do docente :

Persoal docente con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais de Oracle para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de formadores/as.

  • Duración :
    60 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Oracle Corporation
    • MySQL
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia

Máis información e inscricións: https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos?p_auth=pnAws33y&p_p_id=busquedaAF...

 
Luns 13 de Febreiro de 2023