I Congreso María Pita DefCon

Sunday 12 de March de 2017

I Congreso María Pita DefCon

Descrición:

A Facultade de Informática da UDC acollerá o I Congreso María Pita DefCon, que reunirá ao máis selecto do panorama da seguridade informática, cunha asistencia estimada de máis de 500 interesados. Ademais, o Congreso conta cun marcado compromiso coa visibilidade e integración da muller no eido das TIC, pois na propia descrición do Congreso establécese que se trata dun "evento sobre seguridade informática e visibilización da muller no ámbito da ciberseguridade". Cómpre mencionar que a iniciativa conta actualmente co apoio da Facultade de Informática da UDC e o Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia (CPEIG), así como de múltiples entidades (públicas e privadas) do mundo TIC.

Duración: Do 6 ao 12 de marzo.

Obxectivo: Coñecer os principais avances tecnolóxicos en materia de seguridade informática nos máis diversos ámbitos de aplicación. Así mesmo, a organización do evento busca facer fincapé na seguridade da información e o rol que xoga o Software Libre neste aspecto. 

Máis informaciónhttp://www.mariapitadefcon.es/

 
Sunday 12 de March de 2017