CPTI Primare - Inspeccións Avanzadas Intelixentes
Compra Pública de Innovación - Primare Consultas preliminares ao mercado
Como paso previo á definición dos modelos de contratación pública de innovación que se desenvolverán nunha seguinte fase, considérase, de interese promover un procedemento de Consultas preliminares do mercado a modo de convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras, como medio para identificar tecnoloxías e solucións de interese para os retos tecnolóxicos que se propoñen no sector primario.
O obxecto desta convocatoria é promover a participación de calquera persoa, física ou xurídica, pública ou privada para a identificación de propostas innovadoras que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución dos proxectos dese ámbito incluídos no ANEXO I da Resolución de 20 de setembro de 2016 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se aproba a convocatoria de Consultas Preliminares do Mercado para proxectos de innovación tecnolóxica no sector primario.
O presente proceso de consultas preliminares do mercado realízase con vistas a preparar as futuras contratacións que a Administración autonómica ten previsto desenvolver durante as seguintes fases e informar os operadores económicos acerca dos seus plans e os seus requisitos de contratación.
A convocatoria é aberta e diríxese a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que teñan vontade de participación e de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento dos devanditos proxectos, tanto na súa definición e alcance como no desenvolvemento e innovación tecnolóxica no ámbito indicado.
Poderá participar calquera persoa, física ou xurídica,interesada. A participación na convocatoria non leva por parte da Administración autonómica ningunha obrigación de financiamento ou aceptación das propostas presentadas.
A Administración dará aos participantes un tratamento igualitario e non discriminatorio, e axustará a súa participación ao principio de transparencia.
Se ten calquera dúbida ou consulta, pode contactar a través do seguinte enderezo electrónico cpti.amtega@xunta.gal
Reto 1 - Inspeccións Intelixentes Avanzadas
Formulario propostas de solucións innovadoras
Publicado o Mapa de Demanda Temperá do Reto 1 - Inspeccións intelixentes Avanzadas
Publicado o Mapa de Demanda Temperá do Reto 1 - Inspeccións intelixentes Avanzadas
Publicados os pregos dos 3 subproxectos do Reto - Inspeccións intelixentes Avanzadas do Programa Primare
Contratación mediante a modalidade de Compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do Servizo de desenvolvemento e fase demostración dun sistema de xestión de información xeoreferenciada para o control da actividade agraria en Galicia, no marco do proxecto Primare-Inspeccións Intelixentes Avanzadas, financiado nun 80% polo Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) a través do convenio de colaboración co MICIU "CIVIL UAVs INITIATIVE" (Expte. 2017/PA/0063)
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=191687 Contratación mediante a modalidade de Compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do Servizo de desenvolvemento e fase demostración dunha plataforma de procesado de información das parcelas agrarias galegas, no marco do proxecto Primare-Inspeccións Intelixentes Avanzadas, financiado nun 80% polo Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) a través do convenio de colaboración co MICIU "CIVIL UAVs INITIATIVE" (Expte. 2017/PA/0061)
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=190454 Contratación mediante a modalidade de Compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do Servizo de desenvolvemento e fase demostración dos sistema experto de control automatizado e intelixente da actividade agraria asociada ás axudas da política agraria común (PAC), no marco do proxecto Primare-Inspeccións Intelixentes Avanzadas, financiado nun 80% polo Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) a través do convenio de colaboración co MICIU "CIVIL UAVs INITIATIVE" (Expte. 2017/PA/0063)
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=188985
Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS dotado cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"