Reto tecnolóxico 1

Formulario de busca

Reto tecnolóxico 1

Formulario de busca

Reto tecnolóxico 1

Inspeccións Intelixentes Avanzadas

Departamentos que propoñen o reto

  • Consellería do Medio Rural / Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
  • Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

1.- Áreas/temas nos que o departamento quere investigar/innovar co obxectivo de mellorar a prestación de servizos públicos a través da innovación tecnolóxica.

  1. Captura de datos xeográficos, territoriais e agroambientais mediante tecnoloxías LIDAR, mediante a análise das imaxes obtidas a través de UAVs ou outros medios, ou mediante sensorízación.
  1. Integración e hibridación dos datos obtidos dos distintos sistemas de captura.
  1. Análise automático dos datos obtidas para a obtención automática de información xeográfica, territorial e agroambiental, e posta a disposición desa información dos usuarios finais.
  1. Actualización continua dos datos e da información.

2.- Actividades ou procesos intensivos en recursos do departamento susceptibles de mellorar mediante o emprego de solucións tecnolóxicas innovadoras.

Dispoñer dunha solución tecnolóxica que permita a dispoñer de xeito automatizado de servizos de valor añadido para os axentes do sector agro-gandeiro, mediante o uso de medios tecnolóxicos (en particular mediante o uso de medios aereos non tripulados, e outros sistemas tecnolóxicos). En particular, dita solución debe proporcionar, entre outros servizos de valor engadido, dos servizos para a realización dos controis de campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC) de xeito automatizado mediante os medios antes indicados, aumentado a eficiencia e eficacia destes e reducindo a súa complexidade e custes de realización (polo tanto, o proceso inclúe tanto a obtención de datos, como a súa almacenaxe, o procesamento e análise para a obtención de información, a transformación desa información en servizos -- en particular os necesarios para a realización e validación dos controis indicados).

3.- Retos técnicos ou tecnolóxicos que deberían solventar ditas solucións (inclúese neste apartado a integración das solucións nos actuais procesos ou plataformas tecnolóxicas do departamento).

  1. Captura de información xeográfica, territorial, e agraria (relativa aos cultivos e as parcelas, e o seu estado).
  1. Integración de distintas tecnoloxías na captura da datos.
  1. Técnicas e modelos de análise e procesado da información capturada para obtención de información.
  1. Integración da información en sistemas de xestión.

4.- Equipo xestor e técnico que achega o departamento para colaborar co socio tecnolóxico.

Persoal técnico multidisciplinar con experiencia na xestión das axudas vencelladas a política agraria común (PAC); a captura, xestión e análise de información xeográfica e territorial; así como no desenvolvemento e integración de sistemas de información.

5.- Mellora operacional, optimización de procesos, redución de custos...que espera conseguir coa implantación das solucións tecnolóxicas innovadoras.

  1. Redución do tempo de realización dos controis de campo
  1. Aumento do número de recintos controlados
  1. Redución dos custes de realización dos controis
  1. Aumento do nivel de seguridade na realización dos controis

6.- Documentación.

Mapa Demanda Temperá - Inspeccións Intelixentes Avanzadas

Documentación Ficha de avance - Inspeccións intelixentes avanzadas

Documentación do II Workshop Consultas Preliminares ao Mercado do Sector Primario- 21 de Decembro

Documentación do Workshop Consultas Preliminares ao Mercado do Sector Primario - 23 de Novembro

Documentación da Xornada de Innovación Dixital do Sector Primario - 27 de Outubro

Documentación Circular do FEGA - Plan nacional de controis sobre o terreo

7.- Entidades participantes no proceso de consultas.

FAQS


Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do programa operativo crecemento intelixente 2014-2020 (POCInt) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Económia e Competitividade, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"