Axudas para empresas illadas

Axudas para empresas illadas

Convocatoria 2022

A Xunta de Galicia, no marco do Plan de Banda Larga 2020, concedeu en xullo de 2022 axudas por un importe de case 350.000 euros para a dotación de banda larga ultrarrápida a 30 empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural.

Os obxectivos e características desta medida do Plan de Banda Larga son os seguintes:

  • Os beneficiarios serán un total de 30 empresas de 21 concellos distintos, ubicadas en zonas onde na actualidade non existe cobertura de redes de 30Mbps ou máis.

 

  • As subvencións solicitadas polas empresas beneficiarias sufragan ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida ás empresas, sendo os importes das axudas solicitadas dende os 2.000 euros ata os 20.000 euros.

 

  • Os servizos de banda larga ultrarrápida que se proveerán ás empresas permitirán velocidades de acceso a internet dende os 100Mbps ata os 1Gbps.

 

  • A mellora da velocidade de acceso a internet, con respecto aos servizos actuais das empresas beneficiarias, superará os 570Mbps en case o 74% dos casos chegando incluso a superar os 900Mbps en algunha das empresas beneficiarias das axudas.

 

Saber Máis          

 

Convocatorias 2017 e 2019

As convocatorias realizada en 2017 e 2019 contaron cun total de 1.100.000€ e aprobáronse subvencións a máis de 80 empresas que contrataron servizos con velocidades de acceso a internet de ata os 600Mbps.

A mellora da velocidade de acceso a internet, con respecto aos servizos actuais das empresas beneficiarias, supuxo os 80Mbps no 80% dos casos, chegando incluso a superar os 300Mbps e os 500Mbps en algunha das empresas beneficiarias.