Contido Xente Dixital

Formulario de busca

Como manter unha boa saúde da batería do teléfono móbil

Formulario de busca

Cantas veces quedámonos sen batería no noso teléfono móbil nun momento importante? A tecnoloxía dos nosos dispositivos evolucionou moito nos últimos anos salvo un compoñente, as baterías.

Desde que se deixaron atrás aquelas baterías de níquel e  cadmio (as que se  viciaban e había que deixalas descargar para que non o fixesen), esta parte do teléfono móbil non evolucionou demasiado. E é que aínda que temos baterías de  litio con máis capacidade, os dispositivos que usamos utilizan cada vez máis e máis a enerxía coa consecuente diminución da súa duración.

Que facer para que nos dure máis a batería do noso teléfono? Hoxe dámosvos uns cuantos consellos para levar a vida da vosa batería á maior cantidade de ciclos posibles:

Mantén o teu software actualizado

Ter aplicacións  desactualizadas ou o sistema operativo en versións anteriores pode causar que a batería dure menos. E é que os  desarrolladores esfórzanse por aproveitar ao  máximo a batería, pero en ocasións é todo o contrario e podémonos atopar con aplicacións que utilizan demasiado a enerxía do noso dispositivo.

Evita temperaturas extremas

Deixar o teléfono ao sol non é unha boa idea. As baterías teñen elementos químicos que poden chegar a incharse (e mesmo explotar) se se quentan demasiado. É mellor afastar o noso teléfono de calquera fonte de calor.

Media carga se non se vai a usar

Se imos gardar o dispositivo durante un tempo prolongado, o máis recomendable é deixar a batería a media cara. Desta maneira evitamos que se descargue e perda ciclos de vida.

Axusta os parámetros da pantalla

O brillo da pantalla adoita ser unha fonte de gasto de batería. Non fai falta telo sempre ao máximo, polo que é recomendable modificalo ou, se temos un móbil de hai uns meses, activar a opción de que se cambie automaticamente segundo a luz ambiental.

Utiliza os modos baixo consumo

As últimas versións de  iOS e  Android incorporan os modos “aforro de batería” ou “modo baixo consumo”. É recomendable activalos sempre que queiramos aproveitar a vida ao máximo, xa que desactivan moitas opcións para que o teléfono gaste a menos batería posible.

The post Como manter unha boa saúde da batería do teléfono móbil appeared first on Xente Dixital.

Fecha: 
martes, Decembro 11, 2018
URL artigo: 
http://blogs.xunta.gal/xentedixital/guias-practicas/como-manter-unha-boa-saude-da-bateria-do-telefono-mobil/