Contido Xente Dixital

Formulario de busca

Fondos

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Formulario de busca

cierra cierra

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina web dende cero seguindo un proceso fácil de afrontar, aínda que se a túa idea é impulsar o teu negocio e conectar cos teus potenciais clientes, sempre é recomendable contar co apoio dun experto en deseño web e de contidos para poder alcanzar os teus obxectivos comerciais con maior efectividade.

Así, se queres afrontar a aventura de crear a túa propia páxina web, aquí te mostramos 4 sinxelos pasos a seguir para conseguilo:

1. Rexistra o nome do dominio
O primeiro paso a seguir se queres crear a túa propia páxina web é rexistrar o nome de dominio que desexes a través dun rexistrador de dominios.
Recorda que para elixilo é adecuado escoller un nome fácil de recordar e representativo do teu modelo de negocio e os servizos e produtos que ofreces, xa que che axudará a aparecer más facilmente nos motores de procura e obter un maior tráfico.
É importante tamén ter en conta que os nomes de dominio teñen unha validez determinada e hai que estar atentos para renovar o mesmo e ademais, antes de elixilo, debes comprobar se xa está rexistrado ou se ten dereitos de autor para evitar problemas futuros.

2. Adquire servizos de Hosting ou aloxamento web
Unha vez teñas elixido e rexistrado o teu nome de dominio, o seguinte paso a seguir é aloxalo nun host web contratando os servizos de hosting.
Podes atopar diferentes opcións de hosting en internet para elixir aquela que se adapte mellor as túas necesidades e circunstancias.

3. Elabora o contido para a túa web
Antes de elaborar os contidos para a túa web, debes elixir a plataforma na que vas a creala. Existen numerosas opcións gratuítas, aínda que as máis coñecidas e utilizadas son WordPress e Blogger e por iso son as máis recomendables sobre todo se non tes experiencia e coñecementos para sacarlle partido a unha plataforma de pago.
E agora si; unha vez elixas esta plataforma xa podes comezar a elaborar e preparar os contidos que vas a volcar na túa web. É un dos pasos máis delicados de todo o proceso, xa que será o escaparate que verán os teus clientes e debe ser atractivo e útil.
Debes decidir que seccións vas a incorporar, que tipo de contido mostrarás, a aparencia que lle vas a dar…
É neste punto no que recomendamos que te apoies nun experto para sacarlle o máximo partido a túa web.

4. Publica a túa páxina web
Unha vez teñas cubertos os pasos anteriores…noraboa! Estás listo para publicar a túa web.

Fecha: 
venres, Setembro 24, 2021
URL artigo: 
http://blogs.xunta.gal/xentedixital/actualidade/4-sinxelos-pasos-a-seguir-para-crear-a-tua-propia-paxina-web/