Voluntariado DixitalOs servizos da Amtega amplíanse coa colaboración e participación das persoas voluntarias na realización de todo tipo de actividades que axuden ao resto da cidadanía no seu achegamento ao mundo dixital. O compromiso e solidariedade das persoas voluntarias permítenos realizar accións de inclusión dixital ao longo de todo o territorio galego a través de apoios dixitais presenciais ou virtuais consistentes en: formacións, demostracións de aplicacións, asesoramentos, xornadas de sensibilización ... Consulta onde se precisa o teu apoio e... http://voluntariadodixital.xunta.gal/ Os apoios dixitais adaptaranse en cada caso segundo as necesidades detectadas grazas aos coñecementos das persoas e entidades colaboradoras. E se queres apoiar noutros ámbitos... Consulta o Voluntariado Galego.org http://www.voluntariadogalego.org/web/ |