Valorización da AdministraciónNesta liña formúlanse seis desafíos orientados a avanzar cara a unha Administración dixital innovadora que responda e se adiante ás necesidades e expectativas da cidadanía e das empresas.
Promoverase un novo paradigma de relación entre as Administracións públicas que, aplicando un enfoque interoperable, sirva de marco para a prestación de servizos públicos dixitais á cidadanía dun xeito único en calquera punto do territorio e maximice o aproveitamento dos recursos e capacidades públicas. A este respecto, tomará especial relevancia o despregamento do actual Nodo de Interoperabilidade de Galicia PasaXe!. Desenvolveranse novos servizos dixitais móbiles que permitan aumentar a inmediatez e capacidade de resposta do Goberno galego e incentivar unha sociedade máis conectada. Neste senso, entre outras, destacará o despregamento da sede electrónica móbil e a ampliación da carteira de aplicacións móbiles dispoñibles. Finalmente, o sexto desafío buscará completar a incorporación das TIC na Administración de Xustiza, que comezou co Plan Senda 2014, co fin de responder á tripla necesidade de achegar a xustiza á cidadanía, axilizar os trámites e facilitar a cooperación entre autoridades xudiciais. |