Formulario web

Formulario de busca

Fondos

Tecnólogo por un díaTecnólogo por un día

Formulario de busca

cierra cierra

Mensaxe de aviso

Este formulario non se atopa dispoñible

Tecnólogo por un día  -  PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN  2ª EDICIÓN

Tecnólogo por un día é unha actividade na que os estudantes de 12-17 anos experimentarán en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes organizacións galegas. 
Os/as participantes compartirán unha xornada laboral participando nas distintas actividades que o profesional voluntario teña na axenda (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc.) axudándolles a coñecer as dinámicas deste tipo de profesións e resolver as súa dúbidas vocacionais.

Solicitude de inscrición

Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais. 
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición..

Desenvolvemento da actividade

A solicitude de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles e a súa localización, que o alumnado poderá seleccionar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3) e posteriormente asignaranse aplicando o resultado dun sorteo.  A continuación, serán as empresas as que se poñan en contacto cos/as participantes para concretar a data e o horario da xornada.

O sorteo público das prazas da 2ª edición do programa "Tecnólogo por un día" terá lugar:
- O luns 18 de febreiro de 2019 ás 14.00 h.
- Lugar: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), sala de dirección. (Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia. Segundo piso. Cidade da Cultura de Galicia - Monte Gaiás s/n Santiago de Compostela).

O martes 19 de febreiro de 2019 realizarase a comunicación aos centros educativos co resultado deste sorteo.

Cuestionario de satisfacción

Despois de participar na xornada o alumnado deberá cumprimentar o seguinte cuestionario de satisfacción, trasladando os seus comentarios e conclusións sobre a actividade:

 

 

 

Documentos: