Xestiona Online

Formulario de busca

Fondos

As TIC para tiAs TIC para ti

Formulario de busca

cierra cierra

Sede electrónica da Xunta de Galicia

A sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) permítelles á cidadanía e empresas relacionarse por medios electrónicos, durante todos os días do ano e as 24 horas do día, con todos os órganos da Administración xeral da Xunta de Galicia para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións relativas aos diferentes procedementos administrativos habilitados nesta canle.

A sede electrónica da Xunta de Galicia configúrase como o enderezo electrónico que asegura a calidade da información, a coherencia na navegación, a procura integrada e a accesibilidade. Igualmente, a sede electrónica asegura a identificación e comunicación seguras, o acceso ao Rexistro Electrónico, ás comunicacións, ás notificacións e aos formularios de solicitude para iniciar os procedementos administrativos ou solicitar a prestación de servizos. O ámbito de aplicación da sede electrónica da Xunta de Galicia comprende a totalidade dos órganos da Administración xeral de Galicia e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas un punto de acceso único a partir do cal xorde unha nova forma de realizar as xestións públicas, sen condicionantes horarios nin de espazo, coa máxima seguridade e contribuíndo a un uso máis eficiente dos recursos públicos.