![]() | Proxecto STAMAR | |||||||||
O proxecto STAMAR enmárcase na prioridade 1 do Programa Operativo Espazo Atlántico “Promover redes transnacionais, empresariais e de innovación” e máis concretamente no obxectivo 1 da devandita prioridade “Desenvolvo de transferencias de coñecemento entre empresas e centros de investigación”, perfectamente aliñado co obxectivo xeral do proxecto STAMAR, que pretende contribuír a mellorar a competitividade e capacidade de innovación das PEMES do sector marítimo do Espazo Atlántico favorecendo os procesos de transferencia tecnolóxica, concretamente daquelas solucións que favorezan un desenvolvemento empresarial sustentable co medioambiente. Así, o proxecto STAMAR nace como resposta á necesidade de perfilar nas rexións do Espazo Atlántico un sistema de transferencia que funcione con eficacia e eficiencia e que conduza a uns resultados satisfactorios tendo en conta as particularidades das Pemes que operan en mercados locais, que son a tipoloxía de empresa máis característica do sector marítimo no Espazo Atlántico. OBXECTIVOS ESPECIFICOS
ACTIVIDADES
SOCIOS |