Plan de Banda Larga 2020

Formulario de busca

Presentación

Formulario de busca

 Plan de Banda Larga 2020

 

O Plan de Banda Larga 2020, aprobado o día 1 de outubro de 2015 en Consello de Xunta, asume os obxectivos establecido na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga de máis de 100Mbps.

Grazas ás actuacións de despregamento de redes de telecomunicacións desenvolvidas ata o momento pola Xunta, conseguiuse acadar unha Comunidade plenamente conectada, con posibilidade de acceso á banda larga de cando menos 2Mbps, e que a metade da poboación dispoña de cobertura de redes de nova xeración de ata 200Mbps.

Non obstante, a rápida evolución das tecnoloxías fai preciso, ademais dunha cobertura universal, velocidades de banda larga moito máis elevadas para garantir o acceso a novos e cada vez máis sofisticados servizos dixitais.

Por este motivo o Goberno galego pon en marcha este Plan que define unha folla de ruta con medidas estruturadas en torno a tres itinerarios: innovación, eficiencia e intelixencia. Xa está en marcha a primeira das actuacións do Plan, que posibilitará que un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs no ano 2018.