Plans

Formulario de busca

Fondos

PlansPlans

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A promoción, difusión e fomento da utilización de tecnoloxías baseadas en “Software Libre” (SwL) e “Software de Fontes Abertas” (SFA) máis alá de ser unha tendencia na Administración Pública, é considerada estratéxica por parte do Goberno da Xunta de Galicia. Deste xeito, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica promoverá e fomentará o uso do software libre en colaboración con todos os axentes implicados a través deste Plan de acción 2010 dotado con 800.000 euros.

O novo Centro de Proceso de Datos Integral constituirá o corazón dixital de Galicia contribuíndo a mellorar a competitividade, reducir custes, acadar unha mellor eficiencia enerxética, unha maior flexibilidade, interoperabilidade e seguridade así como unha simplificación da xestión e unha homoxeneización da estratexia tecnolóxica da Xunta. Ademais, a consolidación dun CPDI único de infraestrutura TIC fará posible unha administración que funcione 24 horas ao día os 365 días do ano.

O Plan eConcellos debe sentar as bases dun desenvolvemento coordinado e sostible da eAdministración nas EELL galegas. Para asegurar o alcance do Plan, trabállase en coordinar, potenciar e complementar os proxectos xa iniciados de xeito que as actuacións dentro do Plan permitan dar maior valor ás inversións realizadas e melloren a penetración da eAdministración na sociedade galega.

O Plan Director de Seguridade da Información establece as actuacións a levar a cabo pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de seguridade da información así como os axentes involucrados e as súas respectivas responsabilidades. Ademais, define as directrices necesarias para xestionar de forma segura os sistemas de información da Administración e manifesta o recoñecemento da importancia que ten a seguridade da información sobre a confianza que os cidadáns depositan na administración.

Páxinas