Plans

Formulario de busca

Fondos

PlansPlans

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O día 9 de marzo de 2011a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira e o subdirector xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións, Adrián Lence, presentaron o Plan de acción FLOSS para o ano 2011 nunha xuntanza cos principais axentes do sector FLOSS galego.

O catálogo de produtos e servizos de Agasol, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, pretende ser unha ferramenta para calquera interesado en coñecer as posibilidades que brinda actualmente o software libre.

Este traballo analiza as cinco ferramentas máis populares empregadas para a posta en funcionamento de tendas en liña a través de Internet. O obxectivo desta análise é mellorar a presenza en Internet das empresas galegas e poñer en valor as diferentes plataformas de software libre para a venda de produtos a través da Rede

Este traballo é froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a través do convenio asinado polo CPEIG e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, no marco das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal.

Páxinas