Plans

Formulario de busca

Fondos

PlansPlans

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

Un ano máis, preséntase o Plan de Acción en Software Libre 2014 que recolle as actuacións que durante este ano se porán en marcha para incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade, o sector empresarial e na propia administración, sendo os tres seguintes os ámbitos de actuación principais.

A Xunta de Galicia, presentou, a través da Axencia de Turismo, o Plan Integral de Turismo de Galicia, desenvólvese cunha visión 2020, aliñado co Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014, coa Estratexia Europa 2020, así como cos documentos preparatorios da Estratexia de Especialización Intelixente Galega (RIS3), e establece liñas de acción concretas de 2014 ata o 2016. O Plan establécese e desenvólvese cunha visión a longo prazo, imprescindible para poder acadar un sector sólido e sostible no tempo. Esta visión xorde dun proceso de elaboración coa participación de todo o sector.

O Consello da Xunta aprobou no mes de abril de 2013 o Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais. Dotado cun orzamento de 19,7 millóns de euros en cinco anos é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións de máis de 1,6 millóns de galegos.

O plan de Software libre 2013 da Xunta está dirixido a impulsar o uso do software libre e código de fontes abertas (FLOSS) no sector empresarial na sociedade en xeral e na Administración.

Páxinas