Plans

Formulario de busca

Fondos

Estudos e informesEstudos e informes

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O presente documento pretende servir de guía de boas prácticas para a publicación de materiais documentais da Xunta de Galicia. Recolle unha serie de directrices co obxectivo de resolver as dúbidas en materia de propiedade intelectual relacionadas coa elección de licenzas de documentación, fotografías ou vídeos, en base aos supostos que se dan nas Administracións Públicas.

A Estratexia de Crecemento Dixital, é unha folla de ruta na que se establecen as liñas estratéxicas da Política Tecnolóxica da Xunta de Galicia para o horizonte 2020, e, en todo caso, estará completamente aliñada coa RIS 3 de Galicia para establecer relacións sinérxicas entre elas.

12 de abril de 2013 a Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) firmaron un Convenio de colaboración para a posta en marcha de actividades de fomento da sociedade da información, un acordo que ven a complementar o seguimento exhaustivo que se está a realizar das actuacións de despregamento de redes de telecomunicación do Plan Banda Larga.

Os obxectivos desta investigación, realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar Social e dun panel de expertos integrado polos principais colectivos de persoas con discapacidade e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, son identificar os principais problemas e dificultades que atopan as persoas con discapacidade no acceso á sociedade da información, como medio de integración laboral, para mellorar a súa calidade de vida e o seu desenvolvemento persoal, profesional e social...

Páxinas