![]() |
Estratexia cloud do sector público autonómico |
O Consello do Goberno galego aprobou un acordo marco para a avanzar no uso da tecnoloxía cloud no sector público. É un paso máis no reforzo das infraestruturas dixitais da Administración autonómica, que optará por un módulo mixto de cloud pública e privada que axilice a adopción de tecnoloxías avanzadas no sector público. Así se recolle no informe Estratexia Cloud do Sector Público Autonómico elevada ao Consello da Xunta pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega. A adopción do modelo cloud computing (computación na nube) é unha oportunidade para obter un servizo máis eficiente, sostible e de calidade aliñado coas tendencias de infraestruturas tecnolóxicas a nivel global. Este documento describe e presenta a dirección e a estratexia que a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) debe seguir na adopción de servizos de cloud computing (Computación na nube), que é un novo paradigma informático que permite ofrecer servizos de valor engadido adaptados as necesidades cambiantes do contexto actual, sendo unha tendencia global na xestión de infraestruturas informáticas. |