Plans

Formulario de busca

Balance do plan de acción software libre 2017

Formulario de busca

Balance do plan de acción software libre 2017

A avaliación das actividades realizadas e o exame de obxectivos alcanzados son dous piares fundamentais de toda estratexia de mellora continua. Así, a AMTEGA vén realizando cada ano estas dúas prácticas como eixo fundamental da súa política de software libre, presentando a través deste balance, as iniciativas levadas a cabo e os principais fitos alcanzados no impulso e difusión do software libre.

Estas iniciativas enmárcanse na estratexia recollida na Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), na que o software libre aparece como un dos principios fundamentais para acadar a xestión eficiente da administración. 
No Balance do plan de acción de software libre 2017 amósanse os principais logros acadados nos tres eixos de actuación principais: 

  • Tecido empresarial: o Centro Demostrador TIC de Galicia segue a ser o punto de referencia que aglutina a maioría de actuacións dedicadas ao tecido empresarial galego. Destaca tamén o Centro Demostrador TIC Virtual, no que se despregaron dúas novas solucións de software libre, dispoñibles para que calquera persoa ou entidade as poida avaliar de xeito sinxelo e sen necesidade dunha infraestrutura propia. Igualmente, os estudos realizados por OSIMGA amosan unha consolidación no uso do software libre, cunha leve tendencia á alza, de xeito que un 88% das empresas galegas de maís de dez empregados o empregan.
  • Cidadanía: neste eido actualizouse o portal Mancomún e leváronse a cabo máis de 100 actividades en diferentes puntos de Galicia relacionadas co software e co hardware libre ademáis de 3.700 actividades da Rede CeMIT nas que participaron algo máis de 30.000 persoas, das cales practicamente a súa totalidade (o 99%) estivo relacionada con ferramentas de software libre.
  • Administración pública: neste ámbito destaca o proceso de migración progresiva dos postos de traballo cara ao paquete ofimático corporativo LibreOffice, co obxectivo de consolidalo como o software ofimático de referencia dentro dos criterios corporativos para a homoxeneización os postos instalados. A súa vez liberáronse dous novos proxectos como software libre por parte da Xunta de Galicia, no que cómpre salientar ademais a colaboración coa comunidade de Ansible cunha contribución directa no proxecto upstream.

Para máis información pode consultar o texto íntegro do documento: