Plans

Formulario de busca

Fondos

Balance do plan de acción software libre 2016Balance do plan de acción software libre 2016

Formulario de busca

cierra cierra

Balance do plan de acción software libre 2016

A estratexia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, plasmada na Axenda Dixital de Galicia 2020, recolle o software libre como un dos principios transversais para a xestión eficiente das distintas iniciativas e obxectivos. De feito, o software libre é unha ferramenta fundamental coa que axudar a construír unha administración moderna e máis eficiente, fomentar o emprego das TIC entre o tecido empresarial galego, e facilitar o achegamento e capacitación da cidadanía ás novas tecnoloxías.

No Balance do plan de acción de software libre 2016 amósanse os principais logros acadados nos tres eixos de actuación principais: 

  • Tecido empresarial: o Centro Demostrador TIC de Galicia continúa a ser o eixo vertebrador das distintas iniciativas de fomento de software libre nas empresas. Así, máis da metade das actividades organizadas estiveron relacionadas co software libre. Igualmente, os estudos realizados por OSIMGA amosan unha consolidación no uso do software libre, cunha leve tendencia á alza, de xeito que un 85,7% das empresas galegas o empregan.
  • Cidadanía: neste eido as iniciativas impulsadas estiveron centradas na formación e difusión, apoiándose no enorme ecosistema asociativo que se desenvolve en Galicia. En canto á formación, cómpre mencionar que se impartiron máis de 35.000 horas de formación en software libre a máis de 47.000 persoas.
  • Administración pública: neste ámbito avanzouse no plan de migración do posto do empregado público e, grazas a el, aforráronse 3.200 licenzas ofimáticas. Doutra banda, hai que salientar a progresiva actualización e migración dos proxectos tecnolóxicos existentes na Amtega á plataforma de software corporativa onde se priman solucións libres.

Para máis información pode consultar o texto íntegro do documento: