Plans

Formulario de busca

Fondos

Balance do plan de acción software libre 2015Balance do plan de acción software libre 2015

Formulario de busca

cierra cierra

Balance do plan de acción software libre 2015

Desde o ano 2010 a Amtega vén apostando polo Software Libre (SL) como eixo fundamental sobre o que construír unha administración moderna e máis eficiente, fomentar o emprego das TIC entre o tecido empresarial galego, e facilitar o achegamento e capacitación da cidadanía ás novas tecnoloxías.

No Balance do plan de acción de software libre 2015 amósanse os principais logros alcanzados sobre os obxectivos planificados, agrupándoos nas tres liñas de actuación destacadas:

  • Administración pública: neste ámbito no 2015 avanzouse no plan de migración do posto do empregado público, grazas o cal, aforráronse máis de 1 500 licenzas ofimáticas. Por outra parte, cómpre salientar a progresiva actualización e migración dos proxectos existentes na Amtega á plataforma de software corporativa onde se priman solucións libres.
  • Tecido empresarial: no referente ao fomento do SL no tecido empresarial galego, os estudos realizados polo OSIMGA amosan certa estabilidade, mantendo a porcentaxe de empresas que empregan SL sitúase en torno ao 85%. O Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) desenvolveu actuacións de fomento do SL, no ano 2015 o 60% das actuacións desenvolvidas estiveron relacionadas con tecnoloxías libres.
    Compre destacar distntias actuacións desenvolvidas ao longo do 2015 como: “(R)evoLu ión”, e LibreCon 2015
  • Cidadanía: neste ámbito as iniciativas impulsadas estiveron arredor da formación e da difusión, apoiándose no enorme ecosistema asociativo que se desenvolve en Galicia. Cómpre destacar a organización da Akademy 2015. Así como formación impartida a máis de 31 000 horas de software libre a máis de 39 500 persoas.

Para máis información pode consultar o texto íntegro do documento: