![]() |
Plan de acción 2023 |
O Plan de Acción 2023 ten por obxecto regular a actividade da Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia durante o exercicio 2023 mediante o establecemento das actividades a desenvolver, os valores a acadar e os responsables de levalas a cabo no marco de cada un dos obxectivos estratéxicos do contrato plurianual de xestión que regula o seu funcionamento. A Axencia articula a súa actividade en torno á consecución de 7 obxectivos estratéxicos que perseguen modernizar a administración e o modelo de interacción co cidadán, o fomento e capacitación no uso das novas tecnoloxías por parte da sociedade e o tecido produtivo, así como o desenvolvemento do sector TIC, posibilitando para elo as infraestruturas e o modelo de cooperación entre axentes necesario para conseguilo. A partir das competencias e funcións da Axencia, en consonancia co establecido na Axenda Dixital de Galicia, e de conformidade co establecido no contrato plurianual de xestión desta axencia pública autonómica, establécense 7 obxectivos estratéxicos:
Pódese consultar o documento completo do plan de acción no seguinte documento:
|