Plan de acción 2021

Plan de acción 2021

O presente plan de acción ten por obxecto regular a actividade da Amtega durante o exercicio 2021 mediante o establecemento das actividades a desenvolver, os valores a acadar e os responsables de levalas a cabo no marco de cada un dos obxectivos estratéxicos do contrato plurianual de xestión que regula o seu funcionamento.

A Axencia articula a súa actividade en torno á consecución de 7 obxectivos estratéxicos que perseguen modernizar a administración e o modelo de interacción co cidadán, o fomento e capacitación no uso das novas tecnoloxías por parte da sociedade e o tecido produtivo, así como o desenvolvemento do sector TIC, posibilitando para elo as infraestruturas e o modelo de cooperación entre axentes necesario para conseguilo

A partir das competencias e funcións da Axencia, en consonancia co establecido na Axenda Dixital de Galicia, e de conformidade co establecido no contrato plurianual de xestión desta axencia pública autonómica, establécense 7 obxectivos estratéxicos:

  1. Impulsar a cohesión dixital da Administración
  2. Promover os servizos públicos dixitais
  3. Fomentar a capacitación dixital
  4. Promover a economía dixital
  5. Apoiar o crecemento do ecosistema dixital
  6. Garantir a dispoñibilidade e seguridade dos servizos públicos dixitais
  7. Medidas instrumentais e de eficiencia

Complétase a regulación contida neste plan de acción mediante o establecemento do escenario económico financeiro, coa correspondente previsión orzamentaria.

Pode acceder ao documento íntegro do Plan de acción 2021 aquí:

 

Plan de acción 2021