Plan de acción 2019

Plan de acción 2019

O plan de acción 2019 ten por obxecto regular a actividade da Amtega durante o exercicio 2019 mediante o establecemento das actividades a desenvolver, os valores a acadar e os responsables de levalas a cabo no marco de cada un dos obxectivos estratéxicos do contrato plurianual de xestión que regula o seu funcionamento.

A Axencia articula a súa actividade en torno á consecución de 7 obxectivos estratéxicos que perseguen modernizar a administración e o modelo de interacción co cidadán, o fomento e capacitación no uso das novas tecnoloxías por parte da sociedade e o tecido produtivo, así como o desenvolvemento do sector TIC, posibilitando para elo as infraestruturas e o modelo de cooperación entre axentes necesario para conseguilo.

Para cada un dos obxectivos estratéxicos identifícanse os programas indicando os obxectivos perseguidos, as actividades e os responsables de levalas a cabo, así como o orzamento dispoñible e os valores meta fixados para o 2019 para cada unha delas.

Os obxectivos estratéxicos recollidos neste plan de acción están en consonancia coa Axenda Dixital de Galicia 2020.

Por último, complétase a regulación contida neste plan de acción mediante o establecemento do escenario económico financeiro, coa correspondente previsión orzamentaria.

Pode acceder ao documento íntegro do Plan de acción 2019 aquí:

 

 

 

Plan de acción 2019