Plan de acción 2018

Plan de acción 2018

O Plan de acción 2018 ten por obxecto regular a actividade da Amtega durante o exercicio 2018 mediante o establecemento das actividades a desenvolver, os valores a acadar e os responsables de levalas a cabo no marco dos obxectivos estratéxicos previstos.

A Axencia leva a cabo a súa actividade en torno a sete obxectivos estratéxicos que perseguen modernizar a administración e o modelo de interacción coa cidadanía, o fomento e a capacitación no uso das novas tecnoloxías por parte da sociedade e o tecido produtivo, así como o desenvolvemento do sector TIC, posibilitando para iso as infraestruturas e o modelo de cooperación entre axentes necesario para conseguilo.

Os obxectivos estratéxicos recollidos neste plan de acción están en consonancia coa Axenda Dixital de Galicia 2020 e a Estratexia Galega de Crecemento Dixital, engadindo elementos que permitirán maximizar o impacto das políticas tecnolóxicas, como un factor esencial para acadar os obxectivos de crecemento económico-social que se marca Galicia para o futuro. Ademais, incorporase como eixo fundamental a potenciación da capacidade transformadora das TIC e a mellora da efectividade do investimento público.

Por último, complétase a regulación contida neste plan de acción mediante o establecemento do escenario económico financeiro, coa correspondente previsión orzamentaria.

Pode acceder ao documento íntegro do Plan de acción 2018 aquí:

 

Plan de acción 2018