Plan de acción 2016

Plan de acción 2016

O Plan de acción 2016 ten por obxecto regular a actividade da Amtega durante o exercicio 2016 mediante o establecemento das actividades a desenvolver, os valores a acadar e os responsables de levalas a cabo no marco dos obxectivos estratéxicos previstos.

A Axencia articula a súa actividade en torno a consecución de 7 obxectivos estratéxicos que perseguen modernizar a administración e o modelo de interacción co cidadán, o fomento e a capacitación no uso das novas tecnoloxías por parte da sociedade e o tecido produtivo, así como o desenvolvemento do sector TIC, posibilitando para elo as infraestruturas e o modelo da cooperación entre axentes necesario para conseguilo.
Os obxectivos estratéxicos recollidos neste plan de acción están en consonancia coa Axenda Dixital de Galicia 2020 e a Estratexia Galega de Crecemento Dixital, engadindo elementos que permitirán maximizar o impacto das políticas tecnolóxicas, como un factor imprescindible para acadar os obxectivos de crecemento económico-social que se marca Galicia para o futuro. Ademais, incorporase como eixo fundamental a potenciación da capacidade transformadora das TIC e a mellora da efectividade do investimento público.

Por último, complétase a regulación contida neste plan de acción mediante o establecemento do escenario económico financeiro, coa correspondente previsión orzamentaria

Pode acceder ao documento íntegro do Plan de acción 2016:

Plan de acción 2016