Plan de acción 2014

Plan de acción 2014

En 2014 a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia avanzará na consolidación das medidas establecidas na Axenda Dixital galega para garantir uns servizos públicos dixitais de calidade, especialmente, en ámbitos estratéxicos como a educación, a xustiza e o benestar; na extensión de infraestruturas de telecomunicación en todo o territorio galego e no impulso ao sector TIC como acelerador da competitividade dos restantes sectores produtivos.

Ademais, 2014 será o ano de posta en marcha das iniciativas que marcarán o inicio da nova estratexia dixital da Administración autonómica, no seu funcionamento e na relación coa cidadanía e o sector empresarial e industrial, proxectos tecnolóxicos de calado para mellorar sectores primarios como a pesca, o medio ambiente, o eido forestal e servizos públicos de especial relevancia para a cidadanía como a Educación, o Benestar e o Emprego, en sectores tractores da economía galega como pode ser o Turismo, sen esquecer a utilización das TIC na promoción e conservación do patrimonio cultural galego.

As medidas e actuacións para avanzar cara estes obxectivos se desenvolverán nun marco de colaboración cos axentes do sector tecnolóxico, para conseguir que o sector público poida dispoñer das solución máis avanzadas na prestación de servizos e a incorporación efectiva da tecnoloxía nos principais sectores produtivos.

Pode acceder ao documento íntegro do Plan de acción 2014:

Plan de acción 2014