Plan de inclusión dixital

Formulario de busca

Plan de inclusión dixital

Formulario de busca

O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, aprobado o día 21 de abril de 2016 en Consello de Xunta, asume o desafío establecido na Axenda Dixital de Galicia 2020 de avanzar da “alfabetización á autonomía dixital” impulsando un novo modelo de inclusión dixital, que integre as accións para a alfabetización dixital con outras que permitan a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TICcamiñando cara a innovación social dixital.

Trátase dun Plan para toda a sociedade galega, con especial atención naqueles colectivos tradicionalmente en risco de exclusión dixital por considerarse máis vulnerables á fenda Dixital.

No marco deste plan traballarase en fomentar a autonomía persoal, o envellecemento activo e a seguridade e confianza na rede mediante o uso das TIC para vertebrar e cohesionar socialmente os entornos locais, e en especial as zonas rurais respecto ás urbanas e aumentar a accesibilidade a Internet, avanzar na alfabetización dixital, diminuír a fenda dixital de xénero e mellorar a empregabilidade, aumentando a calidade de vida da cidadanía.

Tamén promoveranse os coñecementos e competencias dixitais para fomentar a empregabilidade dos cidadáns, grazas ao uso das TIC e promocionarase o aprendizaxepermanente.

E finalmente tamén impulsarase a promoción da innovación social dixital, a través da colaboración e participación da cidadanía, innovadores e comunidades, para xerar emprego local e novas oportunidades para emprendedores/as locais, vencelladas á innovación social Dixital onde resolveranse retos sociais que melloren o benestar social.

Para acadar todo isto o Plan estrutúrase en tres grandes eixos estratéxicos (alfabetización dixital, capacitación dixital e innovación social dixital e participativa) e un eixotransversal.

Para un maior detalle sobre os itinerarios que se desenvolverán no marco do Plan de inclusión dixital consulte o documento completo.

  1. Obxectivos - Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020
  2. Modelo de participación e colaboración
  •