Participación cidadá na elaboración de disposicións de carácter xeral

Participación cidadá na elaboración de disposicións de carácter xeral

En cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publicase a relación dos procedementos de elaboración de disposición administrativas de carácter xeral que están en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que os cidadáns poidan remitir as súas suxestións.

En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da Secretaría Xeral, as persoas, individualmente ou por medio das asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal recibirán unha resposta razoada, agás as de recoñecida e notoria urxencia, que poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento.