O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, OSIMGA, é un órgano asesor para a valoración da evolución da sociedade da información, a modernización administrativa e a Administración electrónica nas administracións públicas de Galicia, e para a participación e colaboración entre elas. O OSIMGA pode entenderse como un sistema de información para a análise, comparación, seguimento e divulgación de datos, información e coñecementos nas devanditas materias. Creado e regulado polo Decreto 21/2010 do 4 de febreiro de 2010, o OSIMGA está adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta. Este decreto atribúelle ao Observatorio entre as súas funcións as seguintes:
O Observatorio estableceu compromisos sobre o seu funcionamento para ofrecer servizos de calidade dentro do seu ámbito, como son:
Para maior información sobre os servizos e estudos de OSIMGA, pode consultar a súa páxina web (www.osimga.org). |