Oficina Concellos AETGA Oficina Concellos AETG é un recurso posto en marcha no marco do Convenio de colaboración para o desenvolvemento da sociedade da información firmado entre a Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG). Ofrece un servizo de soporte centralizado e permanente ás entidades locais para resolver dúbidas sobre a aplicación da normativa e cuestións técnicas da implantación dos equipamentos de telecomunicación que afectan as actividades das Administracións locais. Neste senso, a Oficina conta cun equipo de traballo específico integrado unicamente por enxeñeiros de telecomunicación. Esta medida ven motivada polos numerosos cambios en materia de telecomunicacións que se están a producir nestes anos, e que afectan ás actividades sobre as que exercen as súas competencias as Administracións Locais. Máis información: Guía de Boas Prácticas para o despregamento das infraestruturas de telecomunicación Presentación da Guía de Boas Prácticas para o despregamento das infraestruturas de telecomunicación |