Organización

Formulario de busca

AMTEGA

Formulario de busca

Obxectivos

Os obxectivos aos que lles debe dar cumprimento a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia son os seguintes:

  1. Pór a disposición da cidadanía e das empresas de Galicia contidos e servizos públicos dixitais avanzados.
  2. Transformar, mediante un uso axeitado das TIC, a Administración pública autonómica, coa finalidade de mellorar a calidade de prestación dos servizos públicos.
  3. Dotar a cidadanía das competencias e recursos para participar activamente no desenvolvemento da sociedade da información.
  4. Impulsar o hipersector TIC, de forma que se converta nun soporte para incrementar a competitividade e o emprego.
  5. Impulsar o uso dos servizos TIC por parte das empresas galegas.
  6. Implantar unha rede de infraestruturas moderna e sostible que garanta a integración de Galicia na sociedade da información.

Un dos eixes centrais da política tecnolóxica da Xunta é a eficiencia na xestión dos fondos públicos e a Axencia é unha fórmula efectiva para consolidar este obxectivo. Deste xeito, estase a producir unha redución gradual nos custos de mantemento, adquisición de sistemas e infraestruturas tecnolóxicas. Con este aforro será posible a centralización das compras en materia tecnolóxica, conseguindo mellores prezos e condicións na súa obtención; a redución da estrutura organizativa; a consolidación das plataformas tecnolóxicas nun único CPD e o impulso do emprego do software libre na Administración.

Ademais, a Axencia xerará unha redución de gasto en estrutura de persoal de ata un 23 % ao final da lexislatura. A reordenación organizativa que implica permitirá que en 2014 se acade unha diminución de arredor do 50 % en custos en coordinación de proxectos. A todas estas minoracións de gasto en TIC cómpre engadir as que proporcionará a posta en marcha do Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI), que integrará as funcións dos máis de 80 CPD existentes ata o de agora, co que se conseguirá un aforro anual de 3 millóns de euros.

 

Título de exemplo
test