Digitalent

Formulario de busca

Fondos

Novos perfís | XuventudeNovos perfís | Xuventude

Formulario de busca

cierra cierra

Novos perfís | Xuventude                                                                                                                                            

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en  colaboración con outras organizacións

Consulta a continuación a listaxe de todas as actividades e para coñecer o detalle de cada unha preme no título de cada unha delas:
 

Icono lista Observatorio DXC        En curso

Asesoramento especializado a graduados en Informática e alumnos do Máster Interuniversitario de Big Data da USC no desenvolvemento dos seus proxectos finais a través dunha Rede de titores, un programa impulsado por DXC Technology.
 

Icono lista Certificación galega de Competencias Dixitais en ofimática        En curso

Impartición de formación avanzada para a adquisición dos coñecementos e  habilidades vinculadas á competencia dixital como base para a acreditación.


 Hackathon CEIN Big Data e Analytics       Febreiro 2019

Evento orientado a unir a un equipo de analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes tecnolóxicas en Analytics & Big Data que competirán durante dous días co fin de elaborar unha solución tecnolóxica baseada nestas tendencias que dea resposta ao reto que se defina inicialmente. Nesta edición, o reto basearase na análise de datos meteorolóxicos, proporcionados por Meteogalicia.

  • 01/02/2019 e 02/02/2019: Celebración do Hackathon
  • Lugar de celebración: Sede do CEIN de DXC Technology na Cidade da Cultura de Galicia
     

 Programa Áncora         2º trimestre 2019

Programa de becas para prácticas non laborais durante o verán en empresas do Sector TIC orientado a estudantes universitarios de disciplinas afíns ás TIC e do ámbito STEM.
 

 DigiTalent Sessions Professional         Proximamente

Ciclo de sesións divulgativas para aumentar o coñecemento sobre a demanda de novos perfís dixitais, coa participación de profesionais referentes do mundo tecnolóxico.
 

 Programa EngageTIC         Proximamente

Accións formativas que permitan a titulados e profesionais adquirir as capacidades dixitais que lles poidan resultar necesarias para acceder a novas profesións dixitais.
 

 DigiTalent Sessions Stage I         Proximamente

Sesións divulgativas con profesionais considerados referentes pola poboación máis nova para dar visibilidade á evolución nos distintos sectores como consecuencia da transformación dixital.
 

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
 

Icono lista Cátedra everis de Transformación Dixital - DigiTalent        En curso

Desenvolvemento de actividades de formación e divulgación, estimulando o talento dos estudantes e facilitando a súa incorporación ao mundo laboral; así como  actuacións de transferencia e investigación en torno ás últimas tendencias tecnolóxicas. Organiza: Everis.

  • 5  Xornadas de formación técnica ao amparo da programación docente dos graos e mestrados da Facultade de Informática da UDC:
    • Charla técnica FastData - 11/04/2018
    • Mobilidade e pago co móbil - 11/05/2018
    • Taller DevOps – 20/11/2018
    • Taller de Comunicación - 27/11/2018 y 28/11/2018
    • Taller de liderazgo - 26/02/2019
  • 4 Relatorios / xornadas sobre novas tendencias tecnolóxicas
    • Intelixencia Artificial para a transformación dixital das empresas - 13/04/2018
    • Blockchain - 06/11/2018
    • Iniciación a Blockchain - abril 2019 
    • Tendencias en IoT - maio 2019
  • 2 Xornadas de portas abertas nas oficinas de everis para dar a coñecer a tipoloxía de proxectos que se realizan e experiencias de ex-alumnos da Facultade de Informática:
    • everis OpenDay - 11/12/2018
    • everis OpenDay - abril 2019
  • Patrocinio ao mellor traballo de fin de grao (TFG) aplicado e compromiso de contratación - Febreiro 2019
    • Oferta de 4 prácticas empresariais a alumnos de Grao (set-dec 2018) - En execución
    • Oferta de 4 prácticas empresariais a alumnos de Grao (feb-mayo 2019)  En execución
    • Oferta para a realización do traballo de fin de grao (TFG) en everis – Vixencia permanente
    • Curso de formación técnica específica a alumnos que realizan o traballo de fin de grao (TFG) – Proximamente
  • Outros patrocinios
    • Congreso IPT: Informática para tod@s.
       

 Colaboración TEGRA-MUniCS - DigiTalent        Maio 2019

Programa para que os alumnos/-as do Máster Interuniversitario de Ciberseguridade realicen as prácticas e o seu proxecto fin de máster dentro de TEGRA, o centro de I+D de ciberseguridade de Galicia. Organiza: Telefónica.

  • Xul. - Out. 2019      Período de prácticas extracurriculares
  • Xul. 2019                 TFM- Solicitude de propostas ás empresas e titorización
  • Set. – Dec. 2019     Período de prácticas curriculares
     

 Programa Lamarr - DigiTalent         Proximamente    

Bonificación de formación especializada na área dixital (máster, programas de especialización...) para estudantes universitarias de último curso. Organiza: Altia
 

 

 Altia   Everis   Telefónica