Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

  Representantes do hipersector TIC, de grandes empresas, asociacións empresariais, centros tecnolóxicos, colexios profesionais, e de grupos de investigación, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe na Coruña posibles liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para posicionar a Galicia nas tecnoloxías de vangarda e impulsar o talento dixital. O cuarto e último dos foros de debate con profesionais da edeg2030  foi inaugurado esta mañá na Facultade de Facultade de Informática pola directora...
  Profesionais de recursos humanos, do ámbito forestal, medioambiental, de diferentes sectores empresariais, industriais, asociacións de consumidores e representantes do terceiro sector xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Vigo as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno ao mercado laboral, a adaptación ao cambio climático e á economía dixital. O terceiro dos foros de debate da edg2030 pon o foco no cambios no mercado laboral que trae...
Profesionais do ámbito educativo, sociosanitario e cultural, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Santiago as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno á educación, a saúde, o benestar e o ámbito cultural.    O segundo dos foros de debate da edeg2030 céntrase nas posibles aplicacións das tecnoloxías dixitais para implantar novos modelos educativos e formativos, para mellorar e protexer a saúde ao longo de todo o ciclo vital e para...
  Profesionais do sector primario, forestal, turístico e tecnolóxico, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Ourense as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edg2030) para aplicar a tecnoloxía á xestión territorial intelixente. Nesta primeira xornada o debate xirará en torno á conectividade de altas capacidades, ao incremento da competitividade do sector primario, o reto demográfico, os novos modelos de transporte e a eficiencia enérxica.   O primeiro dos Foros de Debates profesional da...
O primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G de Galicia abre hoxe o prazo de preinscrición. Este programa formativo,  enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G.  A posta en marcha deste Curso é froito dun acordo subscrito este ano entre a Axencia para Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Vigo, e o operador público Retegal o pasado mes de febreiro. Impartido por expertos ...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, Mar Pereira sinalou hoxe que aplicación das tecnoloxías disruptivas ten un importante potencial para o desenvolvemento económico de España, pero que é preciso minimizar os seus riscos, polo que a regulación e a educación social serán esenciais.  A responsable da política tecnolóxica da Xunta participou hoxe en Madrid na Xornada España na Europa da Intelixencia Artificial, organizada por EY e Deusto Bussines School, onde incidiu en que a aplicación da intelixencia artificial a diferentes sectores económicos enfróntase...
A Xunta avanza no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 coa celebración na primeira semana de xullo do foros de debate profesional aos que están convocados axentes sociais e económicos da Comunidade. Estas xornadas, organizadas pola Amtega en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia. En total, celebraranse catro sesións de traballo que congregarán aos axentes implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación, contando coa ...
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Fundación Vodafone España veñen de asinar un convenio para reforzar as competencias dixitais nas aulas coa programa “DigiCraft no teu cole”, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en marcha esta iniciativa. Nos vindeiros días publicarase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria que permitirá a un máximo de 50 centros escolares adherirse ao programa, que terá unha duración de dous anos e...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e Arkitas Robótica S.L., en calidade de aliado dixital da Xunta, traen hoxe ao Gaiás a World Robot Olympiad Galicia 2019 (WRO), unha olimpíada de robótica educativa de alcance internacional, que se celebra anualmente e que, cada ano, xira ao redor dunha temática diferente. Esta actividade enmárcase nas iniciativas do Plan DigiTalent para o fomento das vocacións TIC e a especialización dos perfís dixitais. Os retos da edición de 2019 están dedicados ás Cidades Intelixentes. Os participantes deben construír, nun tempo récord, un...
O pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información (Osimga) celebrouse esta mañá en Santiago, presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, que deu conta das medidas desenvolvidas durante os catro anos de desenvolvemento da Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), impulsada desde este departamento autonómico. Ademais, informou do Plan de Traballo do Osimga para 2019 e fixo balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, baseado nos últimos datos do Observatorio. Desde 2015, a ADG2020  mobilizou máis de 900 millóns de euros, dos que máis de 260 se corresponden con...

Páxinas