Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Xunta e o Concello de Santiago abrirán unha consulta ao mercado, despois de verán, para que os operadores presenten proxectos de despregamento de fibra óptica no casco histórico de Compostela, en base ao Catálogo de Solucións Técnicas aprobado recentemente polo Goberno galego.  Así o anunciaron esta mañá o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, na inauguración da Xornada A conectividade nos cascos históricos, que se celebra no Museo das...
O vindeiro luns 22 de xullo a partir das 10.30 o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela acollerá a Xornada “A conectividade nos cascos históricos”, na que se presentará o primeiro catálogo de solucións para facilitar a extensión de fibra nestas zonas. O encontro será inaugurado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.  Primeiro catálogo a nivel europeoO documento, elaborado pola Axencia para a Modernización...
Esta mañá celebrouse na Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela, o  “Demo Day”,  a xornada que pecha a primeira edición do programa de startupsR DiCo Challenge. O xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica da Amtega, Eladio Otero, e máis o responsable de servizos de Transformación Dixital de R e do Grupo Euskaltel, Alberto Díaz Freire, abriron a “demo”, na que os 4 proxectos desenvolvidos expuxeron, ante representantes do sector TIC e audiovisual, os logros e avances obtidos tras o seu paso pola aceleradora. Eladio Otero, xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica da Amtega...
O vindeiro luns 22 de xullo a partir das 10.30 o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela acollerá a Xornada “A conectividade nos cascos históricos”, na que se presentará o primeiro catálogo de solucións para facilitar a extensión de fibra nestas zonas. O documento, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o operador público Retegal e a Dirección Xeral de Patrimonio é o punto de partida para darlle resposta á falta dun procedemento estandarizado para o despregamento de fibra óptica en cascos históricos.  Para a elaboración desta Guía partiuse do...
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan nestes meses de verán –xullo, agosto e setembro– unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons, creación de App e videoxogos e animación 3D enmarcadas no programa “TechKids”, destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.  Esta iniciativa enmárcase no Plan DigiTalent, da Amtega para impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais. Serán un total de 40 xornadas nas Aulas CeMIT en...
O vindeiro mes de setembro Santiago converterase na capital do 5G, cunha xornada na que se darán a coñecer os 18 pilotos que se están a desenvolver en Galicia baseados nesta tecnoloxía. O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Observatorio Nacional de 5G, afondará nas vantaxes que esta tecnoloxía para cuxo despregamento a Unión Europea esixe aos Estados membros realizar, previamente, casos de uso. A celebración da xornada foi un dos temas que se abordaron na última comisión de seguimento do Nodo 5G, ao que están adheridos Vodafone, Telefónica, Orange...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) anunciou hoxe o lanzamento de varios retos para aplicar a tecnoloxía blockchain a iniciativas da administración dixital, o turismo e a trazabilidade alimentaria. Así o expuxeron esta mañá responsables da Amtega durante a xornada “Retos e oportunidades para Blockchain en ámbitos estratéxicos en Galicia", organizada en colaboración con Alastria. Son un total de sete propostas coas que a Administración autonómica busca mellorar a transparencia e a automatización e cuestións relativas á identificación dixital, a procesos vinculados á...
Hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria para que os centros educativos poidan adherirse ao Programa “Digicraft no teu cole”, promovido pola Fundación Vodafone en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Segundo se recolle no DOG, os centros interesados poden realizar a súa solicitude desde mañá e ata o vindeiro 30 de setembro. Ata 50 centros escolares poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade...
O Parlamento de Galicia deu hoxe o visto e prace á Lei da Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), o marco xurídico para consolidar unha administración integramente dixital e universalizar e seu uso e acceso a toda a cidadanía. Complétase así o trámite parlamentario, tras o período de exposición pública e tras ser aprobada na mesa de persoal da Xunta co voto unánime de todas as organizacións sindicais.A lei adapta á realidade do sector público autonómico as obrigas das leis estatais 39 e 40/2015 e aséntase en tres principios;  só unha vez, evitando reclamar datos que xa obran en poder da...
  A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Alastria organizan o vindeiro mércores, na Cidade da Cultura, unha xornada sobre os retos e oportunidades que ofrece a aplicación da tecnoloxía blockchain en distintos ámbitos estratéxicos de Galicia. No encontro, que será inaugurado pola directora de Amtega, Mar Pereira, e a presidenta de  Alastria, María Parga. presentaranse exemplos da aplicación de blockchain no sector bancario, da man de ABANCA. Ademais, lanzaranse distintos retos por parte do sector público e privado nos que o blockchain pode ofrecer solucións que...

Páxinas