Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coas empresas do sector tecnolóxico pon en marcha cinco novas actividades do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent. Nos primeiros meses do ano, cobran especial relevancia as iniciativas orientadas á infancia e adolescencia para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas, que se suman a outras xa en marcha.  Así a semana pasada a Amtega abriu o prazo de inscricións da segunda edición programa Tecnólogo por un día, que permitirá a nenos de 12 a 17 anos experimentar en primeira persoa...
A Rede CeMIT celebra o Día de Internet Segura cunha programación especial de actividades das Aulas CeMIT, sumándose así a un evento que se ven celebrando desde o ano 2004 na Unión Europea e que actualmente conmemórase internacionalmente.     As actividades programadas desde a Rede CeMIT con motivo deste día teñen como obxectivo principal apoiar a creación dunha internet máis segura e mellor, para convertela nun espazo no que todos fagamos uso da tecnoloxía de modo máis responsable, respectuoso, crítico e creativo.   Actividades programadas Ao longo do día 5 de febreiro, terán lugar as...
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá o IES Eduardo Blanco Amor, o único centro da provincia de Ourense no que se imparte o STEMbach, Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020. Esta modalidade, neste primeiro ano de aplicación, impártese en 15 IES da Comunidade e cúrsana un total de 200 estudantes. En opinión de Díaz Mouteira, estes estudos supoñen unha oportunidade que facilita ao alumnado o acceso aos estudos superiores “para chegar ao mundo universitario...
A Casa de Galicia en Madrid súmase aos 444 centros públicos, entre oficinas de rexistro e centos de saúde, nos que se pode solicitar presencialmente o servizo Chave 365. O sistema, que entrou en funcionamento en outubro de 2015, simplifica a xestión telemática coa Administración facilitando uso de claves concertadas para realizar xestións online, ben a través da sede electrónica da Xunta ou para consultar os servizos dispoñibles na plataforma E-saúde.  A Xunta puxo en marcha esta servizo ante a dificultades de uso do certificado electrónico e para evitar que as persoas menos familiarizadas co...
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Vigo, ao Startup Day da aceleradora Es-Conecta -enmarcada nun proxecto transfronteirizo no que participa a Eurorrexión Galicia Norte de Portugal- onde asegurou que Galicia suma, así, unha nova aceleradora á súa rede StartIN. O elemento diferenciador é que está centrada na economía social con proxectos de empendemento que teñen como protagonistas ás persoas. No Startup Day, seleccionaranse os 18 proxectos que pasarán á seguinte fase e que, polo tanto, accederán a un programa de catro meses no que se lles...
A Xunta pon en marcha este ano una nova edición do Plan para reforzar a formación do empregado público no ámbito da Administración dixital e da Protección de datos con preto de 2.000 horas a través de 67 cursos en formato presencial, online e mixto.  Esta medida enmárcase nas actuacións do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 co que se está a consolidar o proceso de transformación dixital da Administración autonómica, no que traballan a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización de Galicia (Amtega). O Plan...
A iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar continúa desenvolvendo as liñas de actuación marcadas o curso anterior para estender a educación integramente dixital en Galicia. Entre as medias previstas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Educación está a creación de contidos educativos dixitais innovadores coa implicación do profesorado e os sectores TIC e audiovisual. Esta semana quedaba conformado o grupo de traballo de traballo que desenvolverá a iniciativa.    A Cidade da Cultura acolleu a xuntanza, na que participaron a directora da Amtega, Mar...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre hoxe o prazo de inscrición de Tecnólogo por un día, unha das iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para reducir a fenda a demanda e a oferta de perfís profesionais dixitais en Galicia.  Dirixido a estudantes de 12 a 17 anos, Tecnólogo por un día, ofrece a  posibilidade de experimentar en primeira persoa un día de traballo nunha empresa tecnolóxica. Desde hoxe e ata o próximo 8 de febreiro está aberto o prazo para que o persoal docente inscriba ao alumnado interesado en participar...
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe en Fitur na presentación do Primeiro Smart Way - Rede Española. A Ruta dos Fenicios no Atlántico-As Cassitérides. A Ruta dos Fenicios é un dos 30 Itinerarios Culturais recoñecidos polo Consello de Europa e pasa por 18 países e por máis de 80 cidades. O vicepresidente da Xunta destacou a importancia de poñer en valor o patrimonio cultural e histórico de Galicia a través de iniciativas como esta e apostou pola especialización e innovación do sector turístico. O proxecto da Smart...
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe no polígono de Pocomaco da Coruña -formado por 380 empresas e 7000 traballadores directos e indirectos- unha xuntanza cos empresarios para darlles a coñecer as actuacións da Administración autonómica para impulsar a economía local e desenvolver os retos desde o punto de vista da dixitalización, innovación e internacionalización. Neste último eido, puxo en valor os datos de exportacións que saíron hoxe publicados, ata o mes de novembro, que constatan que en Galicia seguen medrando por riba da media do Estado, un 7,2...

Páxinas