Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O 30 de setembro péchase o prazo  para que os centros educativos poidan adherirse ao Programa “DigiCraft no teu cole”, promovido pola Fundación Vodafone España en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Ata 50 centros escolares poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone España pon en marcha “DigiCraft no teu cole”, que terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de Promoción do...
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe o compromiso coa formación nas novas tecnoloxías e a accesibilidade das actividades organizadas ao abeiro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia. Fabiola García, acompañada pola directora da Amtega, Mar Pereira, visitou os dous campamentos que se están a desenvolver no albergue xuvenil de Gandarío, un centrado na innovación e outro nas actividades deportivas e de ocio orientado para mozas e mozos con discapacidade. A conselleira indicou que soamente nesta temporada estival pasaron por estas instalacións da Xunta en Gandarío 860...
A Xunta de Galicia apoia a 132 beneficiarios dentro do programa de axudas á dixitalización da Industria 4.0. Este programa, cofinanciado entre o Igape e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comprenderá un investimento de preto de 2,30 millóns de euros. Estas axudas servirán para apoiar a adquisición de equipos e software, así como as colaboracións necesarias para a súa implementación, financiando proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas promovidas a nivel individual. O obxectivo primordial destas axudas é mellorar o traballo das pemes nos mercados rexionais, nacionais...
Avogados e procuradores poderán descargar as gravacións das vistas das que son parte a través da sede electrónica xudicial. É unha das novas funcionalidades da sede, que se vén probando desde o pasado mes de abril en xulgados de Lugo e Pontevedra. Tras esta fase de probas, a previsión é habilitar o servizo para o resto dos xulgados galegos, de forma progresiva, a partir do mes de setembro.   O acceso ás gravacións das vistas está restrinxida aos profesionais que interveñen neses procedementos e que poderán descargalas identificándose con certificados dixitais compatibles coa sede electrónica...
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de apoios para a consolidación e estruturación dos centros tecnolóxicos de Galicia á que destinará un total de 5,4 millóns de euros. Os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 13 de setembro. En concreto, poden concorrer os nove que existen en Galicia e que figuran no rexistro estatal do Ministerio: Aimen, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Anfaco-Cecopesca, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), EnergyLab,...
O 66% dos usuarios da sede electrónica da Xunta cualifica o seu funcionamento de bo ou moi bo. Así se recolle a través das enquisas realizadas entre os usuarios nos últimos meses e que serven á Administración para coñecer o seu grao de satisfacción, recoller suxestións e definir futuras liñas de actuación para evolucionar o funcionamento da sede.  A mellora máis reclamada polos usuarios é o autocompletado de campos, para evitar duplicar datos en distintas fases do procedemento; a inclusión de novos  procedementos, a implantación dun asistente virtual ou permitir comentarios nas solicitudes. ...
O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá, a empresa Estación de Servizo J.R Vilariño, unha das empresas beneficiadas polas axudas da última convocatoria para dotar de banda larga ultrarrápida ás empresas illadas, da que se beneficiaron un total de 25 empresas da provincia da Coruña de 17 concellos distintos. Este plan subvenciona entre o 70 % e 100 % dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000 € por proxecto. O custo mínimo do proxecto será de 2.000 €. Cun importe total de máis de 360.000 euros na...
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe á Lei da Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), o marco xurídico para consolidar unha administración integramente dixital e universalizar e seu uso e acceso a toda a cidadanía. Os primeiros desenvolvementos normativos deste Lei serán os relativos á automatización de prazo por incidencias técnicas, ao rexistro electrónico de apoderamentos e á concreción do marco galego de competencias dixitais. A lei, que entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación, adapta á realidade do sector público autonómico as obrigas das leis estatais...
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución definitiva da convocatoria para a selección de centros que se incorporan ao proxecto de educación dixital no curso 2019/20, segundo a que se sumarán a este programa un total de 80 centros. O proxecto E-Dixgal, impulsado pola Consellería e a Amtega, púxose en marcha no curso 2014/2015 cun total de 84 centros educativos e 2.300 alumnas e alumnos na etapa de educación primaria. Coas novas incorporacións, o E-Dixgal chegará o vindeiro curso a 347 centros de ensino e a 27.000 alumnas e alumnos. Cómpre...
O 85,6% dos fogares galegos ten un servizo de internet contratado, segundo se recolle no estudo “A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2018”, publicado hoxe. Esta porcentaxe supón un incremento dun 20% respecto ao ano 2015, o dobre que o rexistrado no conxunto do Estado no mesmo período de tempo. O informe, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito a Amtega, amosa que o crecemento na contratación a internet rexístrase especialmente nos núcleos de menos habitantes. Así nas entidades de poboación con menos de 5.000 persoas, a...

Páxinas