Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do Proxecto de Lei de administración dixital de Galicia, que permitirá consolidar unha administración integramente dixital e universalizar o uso e acceso da cidadanía aos servizos públicos dixitais. Logo de precisar que o novo texto inicia o seu trámite parlamentario tras o período de exposición pública, e tras ser aprobada na mesa de persoal da Xunta co voto unánime de todas as organizacións sindicais, Feijóo asegurou que esta lei permitirá acadar un marco normativo único,...
Baixo o tíutlo: Who else can join the data privacy war on the side of consumers? It’s not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura” o director executivo da organización CleanApps.org, David Finn contou a  o historia de internet e a ciberseguridade, como naceron os problemas co malware e o fraude nas apps e cales son as perspectivas de futuro para afrontar eses problemas. Finn, un dos máximos expertos internacionais en materia de ciberseguridade, chegou a Galicia da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Universidade da Coruña. Con esta xornada,...
Un total de 65 estudantes de 12 a 17 anos terán unha oportunidade única de experimentar en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais das grandes empresas do sector TIC en Galicia, co obxectivo de mellorar a visión que proxectan as profesións científico-tecnolóxicas e a percepción que os máis novos teñen delas.  Trátase da segunda edición do Programa “Tecnólogo por un día”, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent.  Máis de 200 solicitudes de 50 centros educativos galegos...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Universidade da Coruña colaboran para achegar a Galicia a un dos máximos expertos internacionais en materia de ciberseguridade, o estadounidense David FInn, actualmente director executivo da organización CleanApps.org,. O vindeiro 20 de marzo as 12 da mañá no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, acollera o relatorio de Finn Who else can join the data privacy war on the side of consumers? It’s not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura” A xornada contará o historia de internet e a ciberseguridade, como...
En 2017 as exportacións de bens do Hipersector TIC en Galicia supuxeron uns ingresos de máis de 105 millóns de euros, o dobre do rexistrado catro anos antes, en 2013 con 50,7 millóns de euros. Son as cifras que sinala o Estudo sobre o Hipersector TIC de Galicia, que aglutina as empresas tecnolóxicas e de contidos da Comunidade, publicado hoxe  polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O informe indica que en 2018 o Hipersector TIC acadou os 23.308 traballadores, o que supuxo 1.335 novos...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) como organismo impulsor do proxecto Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas, en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), participou no I Foro Técnico da Civil UAVs Iniciative para expor o seu proxecto e contribuír ao intercambio de coñecemento sobre cuestións técnicas relevantes.  Representantes dos adxudicatarios do proxecto CPTi Primare - Inspeccións Intelixentes Avanzadas, impartiron dentro do programa unha sesión para compartir cos asistentes os retos da...
As 20 iniciativas preseleccionadas para o acceder ao programa da aceleradora startups R DiCo Challenge  defenderon esta mañá as súas candidaturas no denominado “Pitch Day”, unha xornada na que expuxeron a utilidade e viabilidade das súas propostas para algún dos cinco retos lanzados polo programa. A apertura do encontro, celebrado na Cidade da Cultura, correu a cargo da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director de Innovación e Desenvolvemento de Produto de R e do Grupo Euskaltel, Javier Rodríguez Gil e o director de Innovación da CRTVG...
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o dinamizador de GaliciaAberta, Javier Rodríguez Siaba, vén de presentar o Portal Retorna (https://emigracion.xunta.gal/actividade/retorna), enmarcado na web da Secretaría Xeral da Emigración, e que ofrece unha canle única tanto de información e asesoramento como de contacto coa Administración autonómica galega. O obxectivo desta iniciativa, que entrou en funcionamento esta mesma mañá, é servir de enlace directo entre o...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de formalizar un acordo de colaboración con Alastria, co obxectivo aplicar a tecnoloxía Blockchain á xestión pública. En virtude do acordo a Administración autonómica poderá crear o seu propio nodo de Blokchain na rede de Alastria, beneficiándose dos protocolos da Asociación. Deste xeito, desde Galicia poderanse xerar pilotos con esta tecnoloxía ao servizo da investigación, a formación e a experimentación nesta tecnoloxía Entre os compromisos adquiridos por ambas entidades está o de sumar esforzos para facilitar un mellor...
A Xunta, por medio dos responsables da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da Secretaría Xeral da Emigración, presentou hoxe o novo curso en liña preparatorio do nivel 3 do certificado de acreditación da lingua galega (Celga), un proxecto que se suma aos dous niveis xa existentes da formación en lingua galega desde a modalidade en liña e que supón un paso máis no seu acceso por parte da cidadanía, tanto a da Galicia territorial como a da colectividade galega no exterior. O secretario xeral de Política Lingüística,...

Páxinas