Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a primeira edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, con máis de 80 actividades ata decembro que achegarán ás novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e reforzarán o atractivo vocacional das profesións neste eido a través de talleres lúdico-formativos, sesións de mentorado charlas ou accións informativas, nas que se implicará tamén ao seu círculo máis próximo (pais/nais, avós/avoas, titores, etc...). DigiTalent formúlase como unha iniciativa aberta con achegas da propia...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 500 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice O DOG de hoxe publica a calendarización das...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro. O programa foi presentado hoxe nunha xornada inaugurada pola directora da Amtega, Mar Pereira, que sinalou que a dixitalización é un reto inaprazable que debe alcanzable para todos, especialmente en Galicia, onde máis do 96% das empresas teñen menos de 10 traballadores. De aí este conxunto de iniciativas...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital  e mellorar a súa proxección de futuro. Un proxecto estratéxico que se presentará o mércores, 10 de outubro, nunha xornada  informativa e de networking que terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo, será o encargado de ofrecer o...
O vindeiro 10 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura #IURISTICGAL18, a VIII Xornada de Informática Xudicial que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega). Nesta VIII edición a xornada leva como título Privacidade, blockchain e ciberseguridade e os seus contidos, estruturados en catro relatorios e unha mesa redonda, están orientados a afondar na nova realidade tecnolóxica derivada do blockchain e nos conceptos de privacidade e ciberseguridade, analizando as súas implicacións xurídicas. A...
A Xunta de Galicia dá un paso máis no seu compromiso co impulso á modernización e a innovación tecnolóxica do tecido empresarial galego, poñendo en marcha unha nova edición de Reacciona TIC dentro Programa Reacciona. A iniciativa, froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o IGAPE ofrecerá ás pemes galegas un catálogo unificado de servizos a prezos reducidos orientados a mellorar a súa competitividade a través de  aspecto operativo, estratéxico ou de incorporación de tecnoloxía. Esta nova edición do programa Reacciona, que conta cun orzamento...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha da 1ª edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia co obxectivo de reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís no mercado laboral. Segundo sinalou o presidente, o dito plan engloba 30 iniciativas con máis de 2.500 prazas en tres eixos de actuación: o impulso das vocacións STEM, a promoción da adaptación aos novos perfís dixitais e a formación de E-líders para a transformación dixital. Con respecto ao primeiro eixo, Feijóo...
O 60% das empresas TIC galegas sinala que é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC, especialmente pola carencia de candidatos coa formación precisa. A pesar destas dificultades, o 24,4% das empresas TIC galegas ten previsto contratar novo persoal relacionado co ámbito tecnolóxico nos vindeiros anos, un 4,3% máis que o ano anterior. O informe sinala que preto do 34%. do persoal do sector ten titulación de grao superior ou media e o 27,2% dos empregados posúe ciclos formativos relacionados coas TIC. Así se recolle no “Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan no mes de outubro as xornadas formativas “Non tolees coa wifi”, que se levarán a cabo presencialmente nas aulas CeMIT de Marín, Oroso, Celanova e Sarria e poderanse seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia. Nos últimos anos está a crecer o nivel de uso da banda larga en fogares e empresas, cada vez son máis as familias que precisan contratar un servizo de internet pero aínda existen moitas dúbidas e...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar o portal web educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.gal/portal/) a un deseño renovado, máis atractivo e innovador.  A nova web, na que os usuarios poden acceder dun xeito máis dinámico á información, presenta unha nova funcionalidade adaptativa, o que vai permitir a correcta visualización dunha mesma páxina en distintos dispositivos (portátiles, móbiles, tablets…), xa que redimensiona e coloca os elementos publicados de forma que se adapten ao ancho de cada...

Páxinas