Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) incrementa o seu orzamento para 2019 en 8,84 millóns de euros e disporá de 111.455.773 euros, dos que máis do 67% está destinado a investimento. Así o explicou a directora da Amtega, Mar Pereira, durante a súa comparecencia na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para detallar as contas do seu departamento para o vindeiro ano En total, a Axencia pública destinará 74,8 millóns de euros a investimentos para completar a dixitalización da administración e da Xustiza, reforzando a dispoñibilidade e...
A Xunta de Galicia formalizou esta mañá a súa participación na Mobile Week Coruña (MWC) coa sinatura dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Club Financiero Atlántico, que posibilitará a achega de 30.000 euros a esta iniciativa. Ademais, a Amtega colabora coa MWC ampliando o a súa área de influencia cunha vintena de actividades na propia cidade herculina e nos Concellos de Abegondo, Betanzos, Sada e Santiago de Compostela. Da Coruña ao Gaiás A Axencia pública autonómica contribúe así coa vocación da Mobile Week de irradiar a toda...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, indicou hoxe, durante a rolda de prensa posterior ao Consello, que a Xunta vai impulsar un convenio de colaboración para impulsar un Nodo de cooperación rexional 5G e avanzar así no obxectivo de que Galicia sexa unha das primeiras comunidades en dispoñer desta tecnoloxía. Esta iniciativa busca que Galicia se sitúe como territorio preferente para pilotar as primeiras solucións baseadas en tecnoloxía 5G, encabezando algúns dos proxectos previos ao despregamento destas redes. O xefe do Executivo galego avanzou que nos vindeiros días asinarase...
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación da Unidade Mixta de Investigación (UMI) FASTFLY (Full Autonomous Systems for UAS), a primeira unidade mixta centrada ata agora no ámbito dos avións non tripulados, e que está impulsada polo centro tecnolóxico Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) e a empresa Star Defence Logistics & Engineering (SDLE) co apoio da Xunta de Galicia. Esta Unidade Mixta, que avanza no desenvolvemento dun dron con maior autonomía e xestionado de forma intelixente, foi creada en 2017 e prevé investir 2 millóns...
O xurado do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ seleccionou seis proxectos emprendedores de innovación social para formar parte da terceira edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica  (IGAPE). ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ ten como finalidade apoiar a aqueles emprendedores que contribúan á innovación...
A Xunta de Galicia e o operador R poñen en servizo o acceso a redes ultrarrápidas de ata 350Mbps de velocidade no parque empresarial de Palas de Rei dende esta mesma semana. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o operador R explicaron hoxe o proxecto aos empresarios beneficiados nunha xuntanza na que tamén participou o alcalde, Pablo Taboada. Balseiro avanzou que está previsto que o servizo chegue tamén este mes a Monterroso e Guitiriz, sumando en total 14 polígonos. “Estanse cumprindo...
Mañá, sábado 20 de outubro, terá lugar na Cidade da Cultura o IV Scratch Day, unha iniciativa na que participarán 30 escolares de entre 7 e 15 anos que aprenderán a programar co seu ordenador videoxogos de naves espaciais, tendo que asistir a esta sesión práctica acompañados polos seus pais ou nais. O IV Scratch Day, organizado polo Colexio de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia, CPETIG, coa colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, de xeito que os...
A directora xeral de Red Hat para España e Portugal, Julia Bernal, considerada unha das máis importantes directivas españolas, participará o vindeiro 19 de outubro no programa 'GIRL STEM: derrubando estereotipos', una das iniciativas  do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega. Girl STEM, que se desenvolve en colaboración con Agasol, ofrece o vindeiro venres na Coruña unha nova sesión, que terá lugar na Fundación Barrié, entre as 12:00 e as 13:30 h. Tras unha breve presentación a conta de Nía Maneiro, educadora e socióloga experta en xénero, Julia Bernal...
A formación é unha das liñas de actuación do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 co que se está a consolidar o proceso de transformación dixital da Administración autonómica. Así o destacou esta mañá a directora da Amtega, Mar Pereira, na inauguración do Curso Superior de Administración Electrónica, na que tamén interviñeron a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez. O curso, no que participan 80 empregados públicos ata o 27 de novembro, afonda na...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha durante os meses de outubro e novembro as Xornadas prácticas “Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia” nas catro provincias galegas . A sede electrónica entrou en funcionamento hai xusto sete anos e recentemente púxose en marcha una nova versión máis sinxela e accesible, enfocada ás necesidades e prioridades do usuario. A nova sede está adaptada a un mellor uso desde dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do tipo de colectivo e incorpora...

Páxinas