Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá martes o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio que comezará o día 19 de febreiro e rematará o 25 de maio, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes de maio. Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como usuario da rede CeMIT.  A inscrición realizarase a...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha do Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade, que porá á disposición dos viaxeiros un transporte público máis accesible. Unha iniciativa que beneficiará aos 20 millóns de viaxeiros que anualmente empregan as máis de 1.300 liñas e as máis de 14.100 paradas existentes na Comunidade, así como un mellor servizo tanto para os que o prestan –os operadores- como para os que o utilizan. Cun investimento de 6,6 millóns de euros ata 2020, Feijóo aseverou que esta iniciativa...
A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre deste ano unha nova sede electrónica, centrada nos servizos ao cidadán, adaptada a un mellor uso dende dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do perfil do cidadán ou empresa. Este foi un dos obxectivos que destacou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na inauguración esta mañá do Seminario “Modernización Dixital das Administracións Públicas en Galicia” no que tamén participou a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e o...
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas a operadores de telecomunicacións para despregar redes de cando menos 100 megas en entidades de poboación do rural que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo. É a terceira medida do Plan de Banda Larga de Galicia 2020, que desenvolve a Xunta a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que foi aprobada no último Consello do Goberno cun importe de 14,2 millóns de euros. Os operadores poderán actuar en calquera das 26.386 entidades de poboación de menos de 150...
A Xunta lanza unha nova actuación do seu Plan de Banda Larga 2020 para facilitar o acceso a internet, cun mínimo de 100 Mbps de velocidade, en núcleos de menos de 150 habitantes. Con este obxectivo o Consello do Goberno galego aprobou hoxe unha liña de axudas a operadores de telecomunicacións cun importe de 14,2 millóns de euros para despregar redes ultrarrápidas en zonas do rural que non contan con esta cobertura nin previsión de dispoñer destas redes. Os operadores poderán actuar en calquera das 26.386 entidades de poboación de menos de 150 habitantes e noutros 80 núcleos de entre 150 e 300...
Máis de 200 concellos formalizaron xa a súa adhesión á Historia Social  Única Electrónica (HSUE), a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais. Nos últimos meses a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Política Social dotaron á plataforma de novas prestacións como a sinatura dixital e a integración coa aplicación informática que empregan os traballadores dos servizos  sociais comunitarios e a...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) colabora co proxecto de software libre Ansible a través da publicación de código que permite a automatización da configuración e despregue de diversos servizos en infraestruturas TIC. Para favorecer e incrementar a visibilidade e reusabilidade do código liberado optouse por contribuír ao proxecto Ansible publicándoo seguindo as pautas e protocolos de colaboración da propia comunidade. Así, publicáronse os compoñentes liberados na plataforma da comunidade Ansible, denominada Galaxy, (https://galaxy.ansible.com/amtega/). Ademais,...
O Plan de Banda Larga da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tenolóxica de Galicia (Amtega), pechou 2017 con 51 polígonos con acceso a internet de redes ultrarrápidas. Máis de 1.000 empresas instaladas nestes recintos empresariais poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas. Esta actuación do Plan, cuxo adxudicatario é o operador R, completarase en 2018 achegando o acceso a estas redes ultrarrápidas a outros 30 recintos empresariais. Deste...
A Xunta, a través da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acaba de implantar o sistema de xestión bibliotecaria integrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de Fene e Narón. Durante o mes de xaneiro tamén disporán deste servizo as bibliotecas de Cedeira e As Pontes de García Rodríguez. En total son preto de 90 as bibliotecas municipais públicas que xa dispoñen deste novo sistema integrado de xestión bibliotecaria, un software libre de código aberto que abre as portas da integración de todas as bibliotecas...

Páxinas