Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá dúas empresas do parque empresarial das Lagoas, en Narón, convidado pola Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer). Se trata dunha das 22 áreas empresariais da provincia que se incorporaron o ano pasado á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga ultrarrápida da Xunta e o operador R, e que contempla, para 2018, a súa implantación en outros catro parque empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez; e...
  O presidente da Xunta, na súa comparecencia semanal tras o Consello de Goberno, informou da aprobación do Anteproxecto de lei de Administración dixital de Galicia, co fin de acadar o papelame cero nas relacións entre a Administración e os cidadáns. Trátase dunha nova lei que vén completar o Plan da Administración e Goberno dixital 2020 que a Xunta puxo en marcha en 2015. A aprobación deste anteproxecto supón a adaptación da Administración galega ás obrigas establecidas na normativa estatal, pero tamén mellorar estas exixencias e consolidalas con rango de lei. Esta nova norma rexerase por...
O Plan de banda larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a outros 4 polígonos ourensáns, acadando así un total de 11 superficies empresariais da provincia con redes ultrarrápidas. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e a delegada da Xunta en Ourense, María Sol Díaz. As actuacións do plan comezaron en agosto de 2016 e ao remate de 2017 había 7 polígonos da provincia con este servizo de banda larga ultrarrápida. Unha vez completado o...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral para o Deporte organizan o 9 de febreiro a xornada “Faite dixit@l e tramita nun clic - Rexistro de Entidades Deportivas”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia, en Santiago de Compostela, e poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia en horario de 12:00 h a 13:30 h. A Secretaría Xeral para o Deporte vén de emprazar a máis de 8.000 entidades deportivas de Galicia a actualizar a súa inscrición no Rexistro de Entidades...
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, salientou hoxe en Santiago nun encontro que mantivo cos axentes do sector TIC galego, incluíndo tamén emprendedores, a aposta da Xunta por este eido ofrecendo unha formación especializada en consonancia coas demandas das empresas, que se traduce, en palabras de Marnotes, na creación de máis e mellores postos de traballo. O director xeral explicou que o Goberno galego traballa en adaptar a formación dos traballadores galegos ás necesidades reais do tecido produtivo con diversas ferramentas orientadas ao novo modelo...
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, visitaron esta mañá o IES Mestre Landín de Marín, onde destacaron o impulso que se deu no curso actual ao proxecto E-Dixgal (libro dixital) a nivel de recursos e formación do profesorado. Precisamente, este instituto é un dos tres centros do concello marinense, xunto co CEP Sequelo e o CEIP da Laxe (nova incorporación este curso 2017/18) que traballan co libro dixital, e que ademais xa recibiron parte dos 13.000 novos...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, recibiu a mañá do martes 6 de febreriro de 2018 a responsables do operador Adamo, que lle explicaron o seu plan de despregamento en Galicia.  A empresa ten previsto estender fibra óptica en 38 concellos da provincia de Lugo de xeito progresivo durante os vindeiros tres anos. A Administración autonómica valora positivamente o interese dos operadores privados en investir en Galicia, especialmente nas zonas menos rendibles. A orografía e a dispersión dificultan en gran medida os despregamentos de...
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, mantivo hoxe en Vigo un encontro con comerciantes no que se lles informou e se lles resolveu as súas dúbidas sobre as axudas da Xunta para apoiar este ano, con preto de 4,5 millóns de euros, a modernización e impulso do pequeno comercio e dos obradoiros artesanais galegos. A través de tres iniciativas, financiaranse proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización; dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais; e programas da competitividade da artesanía galega. O obxectivo destas...
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activa novas convocatorias do programa ReAcciona para as empresas que queiran mellorar a súa competitividade. A Xunta, mediante os programas ReAcciona e ReAcciona TIC ¬–que se desenvolveu nun marco de colaboración Igape-Amtega–, concedeu durante o último ano axudas por 2,3 millóns de euros para impulsar máis de 500 plans de mellora en pemes galegas. A presentación de solicitudes de axudas para a nova convocatoria do programa ReAcciona TIC, ao amparo das bases reguladoras publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG),...
O Plan de Banda Larga da Xunta chegará este ano a 4 novas superficies empresariais, acadando así un total de 26 polígonos conectados a redes ultrarrápidas na provincia. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro. As actuacións do Plan comezaron en agosto de 2016 e ao remate de 2017 había xa 22 polígonos da provincia con este servizo de banda larga ultrarrápida. Ao remate de 2018 cumprirase o obxectivo dos 26 previstos no Plan, que...

Páxinas