Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

  Empresas e administracións públicas están a afrontar a adaptación ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos, que entrará en vigor o 25 de maio de 2018. Este proceso e o seu impacto nas entidades locais son o obxectivo da xornada que se celebra hoxe en Santiago, organizada pola Federación Galega de Municipios (FEGAMP) e Colexio de Enxeñaría en Informática (CPEIG) e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Balidea. A directora da Amtega, Mar Pereira, foi a encargada de inaugurar o encontro, xunto co presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o vicepresidente da...
  O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello que o Plan de banda larga facilitará o acceso a internet de 100 megas a máis de 74.000 galegos de 181 concellos. Cun investimento de máis de 14 millóns de euros, Feijóo precisou que esta iniciativa da Xunta para garantir á rede en núcleos de menos de 300 habitantes compleméntase coa que ten en marcha o Goberno de España, centrada en núcleos de maior tamaño e coa que se mobilizan 21 millóns para dotar de conexión por fibra óptica a 258.000 galegos máis. Deste xeito, o traballo conxunto de ambas...
  A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luis Costa, asinaron hoxe un convenio de colaboración para facilitar á adaptación deste órgano á Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Este acordo facilitará ao Consello Consultivo o acceso ao catálogo de servizos dixitais que a Amtega ten á disposición doutras administracións públicas no marco do Plan de Administración e Goberno Dixital 2020. Un dos principios deste Plan é a aposta pola interoperabilidade e...
  A contratación de internet nos fogares  galegos con nenos en idade escolar, de 3 a 16 anos, increméntase ata o 94%, 5 puntos máis que no ano anterior, e acada unha diferencia de 20 puntos respecto aos fogares nos que non residen nenos. A contratación deste servizo increméntase aínda máis nos fogares onde residen estudantes maiores de 16 anos, acadando o 98,1%. Son datos do estudo “A mocidade e as TIC” correspondente ao ano 2017, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga) adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Incremento de...
  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu hoxe ao conselleiro delegado de Orange España, Laurent Paillassot, quen lle explicou o estado dos traballos para dotar de conexións ultrarrápidas a máis de 800 sedes de centros educativos públicos de primaria e secundaria de Galicia. Este era o obxectivo da iniciativa Escolas Conectadas, da que Orange resultou adxudicatario e que se desenvolve na Comunidade grazas á colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación,...
Xuntanza de traballo
  A directora da Amtega, Mar Pereira, e o equipo directivo da Axencia mantiveron esta semana dúas xuntanzas de traballo cunha delegación do Goberno das IIlas Canarias que se trasladaron esta semana a Galicia para coñecer de primeira man o proceso de creación da Axencia pública que xestiona a política tecnolóxica da Xunta. A delegación canaria encabezada polos directores xerais de Telecomunicacións e Novas Tecnoloxías,  Manuel Ángel Castellano, e de Modernización e Calidade dos Servizos, Pablo Javier Hernández, interesouse polo proceso de integración baixo unha mesma dirección todos os...
  As mulleres galegas entre os 16 e os 54 anos superan aos homes no uso de Internet e a partir dos 55 anos evidénciase a fenda dixital de xénero. Esta é unha das principais conclusións do  estudo monográfico “A Sociedade da Información dende una perspectiva de xénero”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O informe constata que en Galicia, a fenda dixital de xénero no uso de Internet continúa a reducirse de forma lenta pero constante, experimentando unha diminución de 0,8 puntos no...
  A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vai poñer en marcha  o Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset, aprobado no último Consello da Xunta. A estratexia define actuacións en tres eixos: o reforzo do  capital humano, o desenvolvemento de proxectos tractores e o fomento da competitividade dixital para configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo, que neste momento aglutina en torno a 900 empresas con preto de 5.400 empregados. Proxectos tractores Desde a Administración autonómica impulsaranse...
  O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta en marcha da estratexia para impulsar os contidos dixitais e configurar un sector na comunidade máis potente e competitivo, un sector que, neste momento, aglutina en torno a 900 empresas con preto de 5.400 empregados. Feijóo explicou que este plan define actuacións en tres eixos: o desenvolvemento de proxectos tractores, o reforzo do capital humano e o fomento da competitividade dixital. No tocante ao primeiro eixo, precisou que o obxectivo é impulsar desde a Administración autonómica iniciativas en diferentes...
  Os polígonos industriais de Covas e de Vilanoviña, no Concello de Meis e os de O Pousadoiro e Bamio en Vilagarcía contan xa con acceso a Internet de ata 350 Mbps. Son catro das 81 superficies empresariais galegas que quedarán conectadas a redes ultrarrápidas grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta, impulsado pola Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) en colaboración con R. O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, xunto co responsable de medianas empresas de R, Jacobo González de los Santos, estiveron visitando esta mañá visitando os...

Páxinas