Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o polígono industrial de Boqueixón, acompañado polo alcalde, Manuel Fernández, e polos empresarios do polígono. Se trata dunha das novas áreas empresariais da provincia que se incorporaron este ano á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga da Xunta e o operador R, e que en 2018 completou a súa implantación en oito parques empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Muros e Boqueixón. Rodeiro lembrou que...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Mapa de Demanda Temperá para deseñar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá aos máis novos novas experiencias didácticas adaptadas aos hábitos de consumo actuais. Este documento, dispoñible na web da Amtega, é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado este ano por ambas entidades. O Mapa recompila as ideas achegadas polas 20 entidades (empresas e agrupacións de empresas) que participaron no proceso. Coa súa...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o operador R poñen en marcha a aceleradora de contidos dixitais Startups R_DICo Challenge, no marco do plan Dico Mindset impulsado polo departamento autonómico. O obxectivo é rendibilizar a medio prazo as solucións que xurdan da aceleradora  contidos e axudalas a atopar unha saída áxil e eficaz no mercado dos contidos dixitais entro ou mesmo de fóra da Comunidade. A aceleradora foi presentada hoxe na Coruña pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de R Alfredo Ramos. A responsable autonómica destacou a...
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela na inauguración dunha xornada formativa dirixida a alumnado, profesorado e persoal investigador universitario colaborador no desenvolvemento do impulso do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach). Esta modalidade impártese por primeira vez neste curso como iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital (EDUdixital) 2020. A titular do departamento de Educación da Xunta de Galicia...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia empezará a traballar na Axenda Dixital Post-2020, que contará cun polo Gaiás-Dixital e cun Comité de intelixencia artificial. “Estamos a falar dunha ferramenta para contextualizar a estratexia europea no ámbito dixital no noso contorno, para aproveitar a posición que a transformación dixital terá no novo marco de financiamento europeo 21-27 e aproveitar os avances dixitais experimentados na Comunidade”, explicou. Durante o acto de inauguración da Mobile Week, Feijóo precisou que esta estratexia contará con tres...
  A Cidade da Cultura acolle hoxe unha  Xornada de Ciberseguridade, a primeira actividade coa que a Xunta achega a Santiago as actividades da Mobile Week Coruña. A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, xunto co presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez, inaugurou o encontro destacando a importancia da formación e a divulgación para xerar unha cultura da  ciberseguridade no tecido empresarial, especialmente entre as pemes e os autónomos.   Pereira destacou  esta xornada non é una iniciativa illada senón que se enmarca nas actividades do...
O Anteproxecto de Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA) continúa a súa tramitación tras ser aprobado na comisión de persoal da Xunta de Galicia co voto favorable de todas as organizacións sindicais. A CIG, CCOO., CSIF e UXT amosaron a súa conformidade co articulado sometido a votación. A LEDIXGA busca acadar un marco normativo único para consolidar unha administración integramente dixital, máis accesible e proactiva baseada en tres principios; só unha vez, evitando reclamar datos que xa obran en poder da Administración; a proactividade, empregar a información que a Administración...
A Mobile Week Coruña (MWC), que se inaugura mañá converte a Galicia na Comunidade elixida pola Mobile World Capital Barcelona para acoller o primeiro evento que celebra fóra de Cataluña. A Xunta de Galicia, a través da Amtega, colabora coa MWC con 17 actividades para estender súa influencia á área metropolitana da Coruña e a Santiago de Compostela. A programación está dispoñible na web da MWC (https://www.mobileweekcoruna.com/es/eventos/) A Amtega inaugura a súa participación na Mobile Week Coruña mañá cun evento de referencia en materia de ciberseguridade para empresas e cidadáns na Cidade...
A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias colaboran na extensión da Administración dixital aos concellos poñendo a súa disposición o catálogo de servizos dixitais da Xunta. Así se recolle nun convenio asinado recentemente entre o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira. A sinatura deste acordo dá continuidade á colaboración que estas entidades veñen...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web. O código fonte liberado baixo unha licenza de software libre pode atoparse xa no repositorio de Software Libra da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-web/). Con esta nova liberación búscase poñer a disposición dos desenvolvedores, tanto particulares, empresas ou outras administracións o esqueleto común que se emprega na Amtega para o desenvolvemento de servizos web, favorecendo a reutilización e fomentando a...

Páxinas