Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, estreará tres iniciativas en 2019 con accións divulgativas para reforzar a imaxe dos profesionais vinculados ás TIC, dinámicas de inmersión tecnolóxica e eventos para potenciar o talento en torno ás novas tendencias dixitais. En total o Plan sumará ata 33 actuacións, das cales 12 son lideradas integramente por empresas. Entre as novidades de 2019 está a iniciativa do Grupo Kiom a través das súas empresas Sivsa e Coremain que organizará talleres de ideas combinados con demos e actividades lúdicas nas súas instalacións, que...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ignacio Maestro, o director de IT, Información, Procesos e Operacións de Abanca, José Manuel Valiño; e do delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe as novas funcionalidades da aplicación e do portal de Transporte Público de Galicia, bus.gal. Desde hoxe os usuarios do transporte público por estrada poden solicitar online, desde un pc ou desde o seu dispositivo móbil, servizos de transporte á demanda en...
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu hoxe á inauguración do Centro Tecnolóxico Galego de Videoxogos (Cetgavi) que tivo lugar no Polígono da Granxa, no municipio pontevedrés do Porriño. No acto, o representante autonómico incidiu na importancia do sector, o primeiro de consumo cultural en España por ingresos. Segundo indicou, o peso de Galicia supón un catro por cento do sector español do videoxogo, ocupando o sétimo lugar entre as comunidades con trinta operadores económicos activos e 16 estudios. Catro deles localízanse na provincia de Pontevedra, un na cidade do Lérez...
A Amtega e R veñen de lanzar os 5 retos do programa startups R DiCo Challenge, que xa están publicados na web da aceleradora dixital do operador galego (http://www.startupsr.com/dico-challenge). Os emprendedores e empresas novas ou consolidadas que queiran participar poden presentar as súas propostas a través do formulario habilitado neste portal ata o vindeiro 8 de febreiro. A posta en marcha desta aceleradora, que foi presentada a finais de novembro na Coruña polo director xeral de R e a directora da Amtega, enmárcase no Plan DiCo Mindset da Xunta, para contribuír a configurar un sector de...
A Xunta avanza un paso máis na dixitalización dos servizos das Oficinas Agrarias Comarcais coa súa integración no modelo corporativo de impresión e dixitalización de documentos. Con esta iniciativa, que se completará antes de que remate o ano nos 68 centros da Rede, a Administración complementa as actuacións en marcha para adaptar os postos de traballo dos empregados públicos ás necesidades do proceso de dixitalización no que está inmersa.  Para conseguilo aposta por un modelo de impresión e dixitalización que establece a  redución de dispositivos instalados e xestionados, estendendo o uso...
Entre os días 10 e 20 de decembro  1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. Así, os escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.   Por toda GaliciaNos seguintes días, ata o 20 de decembro...
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o polígono industrial de Muros acompañado polos empresarios do parque empresarial. Se trata dunha das novas áreas empresariais da provincia que se incorporaron este ano á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga da Xunta e o operador R, e que en 2018 completou a súa implantación en oito parques empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Muros e Boqueixón. Rodeiro lembrou que grazas a este proxecto, impulsado pola...
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o polígono industrial de Boqueixón, acompañado polo alcalde, Manuel Fernández, e polos empresarios do polígono. Se trata dunha das novas áreas empresariais da provincia que se incorporaron este ano á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga da Xunta e o operador R, e que en 2018 completou a súa implantación en oito parques empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Muros e Boqueixón. Rodeiro lembrou que...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Mapa de Demanda Temperá para deseñar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá aos máis novos novas experiencias didácticas adaptadas aos hábitos de consumo actuais. Este documento, dispoñible na web da Amtega, é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado este ano por ambas entidades. O Mapa recompila as ideas achegadas polas 20 entidades (empresas e agrupacións de empresas) que participaron no proceso. Coa súa...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o operador R poñen en marcha a aceleradora de contidos dixitais Startups R_DICo Challenge, no marco do plan Dico Mindset impulsado polo departamento autonómico. O obxectivo é rendibilizar a medio prazo as solucións que xurdan da aceleradora  contidos e axudalas a atopar unha saída áxil e eficaz no mercado dos contidos dixitais entro ou mesmo de fóra da Comunidade. A aceleradora foi presentada hoxe na Coruña pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de R Alfredo Ramos. A responsable autonómica destacou a...

Páxinas