Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Xunta vén de publicar a nova versión do portal Galiciana, a porta de acceso á plataforma da Memoria Dixital de Galicia. Galiciana.gal inicia a súa andaina con máis de 300.000 obxectos dixitalizados de 9 coleccións procedentes de fondos xestionados pola Xunta - como os da Biblioteca Dixital de Galicia e os do Arquivo Patrimonial de Galicia-  e doutras entidades como as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Padre Sarmiento. Galiciana.gal irá incrementando os seus contidos a media que se desenvolvan as actuacións previstas...
Entre os días 11 e 21 de decembro preto de 1.600 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. Os escolares de Educación Infantil de Betanzos, Celanova e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 11 de decembro a partir das 11 da mañá, cunha duración de media hora en cada aula. Por toda Galicia Nos seguintes días, ata o 21 de decembro inclusive,...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou o papel dos profesionais das TIC como embaixadores das vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) para difundir o amplo abano de posibilidades laborais que ofrece o sector tecnolóxico. Mar Pereira clausurou hoxe o acto do X aniversario do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), ao que felicitou por esta década de traballo e ao que recoñeceu a súa colaboración na formación e difusión das TIC en diferentes iniciativas da Axenda Dixital de Galicia,...
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe o novo servizo de atención para os alumnos, familias e docentes usuarios do libro dixital, que permitirá resolver dúbidas e incidencias tanto de xeito remoto como presencial. O servizo está dispoñible de xeito remoto a través do teléfono e internet, dispoñible 24 horas e 7 días á semana; e de xeito presencial a través de puntos físicos de atención ou no domicilio do usuario en caso de que a incidencia o requira. O valor do contrato deste servizo é de 2,2 millóns de euros cada dous anos. Balance do libro dixital O presidente...
A Xunta abriu esta semana unha convocatoria de consultas preliminares ao mercado para definir os servizos e solucións que permitan estender a teleasistencia avanzada no fogar na Comunidade. Esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Mar Pereira, xunto con subdirector Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia da Consellería de Política Social, Luis Vázquez; e o subdirector Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade, Benigno Rosón, mantiveron a primeira xornada de traballo con empresas...
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, reforza os servizos ligados a grandes volumes de datos do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) cun novo servidor de 1,54 millóns de xigabites. O novo sistema aporta grande capacidade, velocidade de acceso, e flexibilidade na xestión dos datos. Trátase dun sistema especialmente deseñado para facilitar un acceso inmediato á información almacenada. Así, o Cesga multiplica case que por cinco a capacidade bruta total nos servidores especificamente destinados a almacenamento de datos ao dispor da comunidade...
A Xunta vén de actualizar o servizo de tradución Gaio, que incorpora tres vocabularios personalizados diferentes: o xeral, o administrativo con nomenclatura das administracións galegas e nomes propios de lugares e persoas, e o xurídico con terminoloxía propia do campo xudicial e lexislativo. É unha das novidades da nova versión deste portal, que posibilita a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán. A Amtega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron á disposición da cidadanía este servizo hai 2 anos, nos que rexistrou...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) seleccionou como gañador da primeira edición do Premio Son Dixital o traballo realizado polos diferentes integrantes da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, dentro da iniciativa InnovaNarón, liderada desde a aula CeMIT deste Concello, no marco do proxecto CeMIT-Innova. A asociación Nuestra Señora de Chamorro, atende ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual e a súa contorna familiar, e con esta vocación de servizo creou un portal de comercio electrónico (www.innovanaron.com), xestionado pola propia asociación e as...
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a autorización no Consello da Xunta da contratación da segunda fase das obras da Cidade da Xustiza de Vigo e prevé un prazo de execución de 21 meses. Esta obra, que suporá unha importante mellora para os profesionais e usuarios da Xustiza en Vigo, agrupará nun mesmo espazo as 35 unidades xudiciais da cidade; con espazo para futuras ampliacións de ata 22 unidades máis; e facilitando en gran medida o traballo dos profesionais, con 36.000 metros cadrados de instalacións modernas para desenvolver o seu traballo. Neste senso, fixo...
A transformación dixital converteu a ciberseguridade nun elemento inherente ao funcionamento de empresas e institucións, que precisan perfís cun alto grao de especialización para implementar os seus plans de seguridade. Estes e outros retos neste eido centran a xornada Intelixencia e Ciberseguridade, que se celebra hoxe na Coruña e en cuxa inauguración participaron a directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.    A responsable da política tecnolóxica da Xunta sinalou que a Administración autonómica busca “ofrecer máis e mellores servizos...

Páxinas