Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A Xunta a través da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), veñen de implantar o sistema de xestión bibliotecaria integrada nas Bibliotecas Públicas e Axencias de Lectura Municipais de A Laracha, Cambre, Carral, Carballo e Culleredo. En total son preto de 90 as bibliotecas municipais públicas que xa dispoñen deste novo sistema integrado de xestión bibliotecaria, un software libre de código aberto que abre as portas da integración de todas as bibliotecas públicas de Galicia nun contorno unificado, tanto para o...
A Xunta, a través da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acaba de implantar o sistema de xestión bibliotecaria integrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oroso; de Bertamiráns e Milladoiro (Ames); dos Tilos e Grilo (Teo); e de Brión. En total son preto de 90 as bibliotecas municipais públicas que xa dispoñen deste novo sistema integrado de xestión bibliotecaria, un software libre de código aberto que abre as portas da integración de todas as bibliotecas públicas de Galicia nun contorno unificado,...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciaron a pasada semana a renovación do equipamento nos centros adheridos a iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar. En total, completouse a entrega de 1.200 ultraportátiles nunha vintena de centros que empregan o libro dixital. A distribución de equipos continuará, de xeito progresivo, ata finais de xaneiro, cando se completará a entrega de máis de 13.000 ultraportátiles para o alumnado e 2.000 portátiles para o profesorado, cos que se renovará o...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle, o día 19 de decembro, unha xornada de presentación dos programas Asesores Dixitais e Oficinas de Transformación Dixital (https://cdtic.xunta.gal/presentacion-red-es) que se desenvolverá nas súas instalacións de Santiago de Compostela en horario de 16.30 a 18.00 horas. Durante a xornada de presentación, Pablo Osuna, da Dirección de Economía Dixital en Red.es, se encargará de presentar as características dos devanditos programas e respostar ás dúbidas formuladas polas persoas asistentes. Esta xornada...
A Xunta e Telefónica porán en marcha en 2018 “Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0”, un programa de apoio ao emprendemento no que os participantes deberán propoñer solucións a seis retos no ámbito da Industria 4.0, formulados por empresas tractoras. O Consello do Goberno galego autorizou hoxe a sinatura do convenio entre a Administración autonómica e o operador, que contará cun investimento total de preto dun millón de euros ata 2019, dos cales a Xunta achegará 570.000 euros e Telefónica 425.000 euros. “Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0” lanzará diferentes...
O director do Igape, Juan Cividanes, salientou hoxe en Celanova o completo catálogo de servizos e axudas que a Xunta pon a disposición das novas empresas, no peche do coworking Celanova-Terras da Limia, o demoday onde os 20 emprendedores participantes nesta segunda edición presentaron os seus proxectos empresariais despois de completar o proceso de formación e asesoramento. Durante a súa intervención, Cividanes salientou que os novos empresarios poderán seguir contando cos servizos e os instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar a posta en...
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe na Coruña a nova sede do grupo Oesía na Coruña, unha empresa que, con máis de 500 traballadores, centra o seu labor no eido da enxeñaría e as TIC. Conde destacou a importancia de empresas como Oesía que fan da dixitalización e a innovación a súa misión corporativa, salientando que o talento e a formación especializada son necesarios neste novo contexto dixital para impulsar as oportunidades laborais. Precisamente, no ámbito das TIC, apuntou que Galicia ten un posicionamento cada vez máis sólido, o que lle permite á...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha o Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, para reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís no mercado laboral. Para avanzar neste obxectivo o Plan DigiTalent contempla, como punto de partida, máis de 20 actuacións en torno a tres eixos de actuación: impulsar as vocacións STEM, promover a adaptación aos novos perfís dixitais e a formación de E-líders para a transformación dixital. Cun orzamento público-privado de 5...
O número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra de 2.437, fronte ás 2.331 do ano anterior, o que representa un crecemento do 4,5% e mantén a Galicia como a quinta Comunidade Autónoma con maior número de empresas tecnolóxicas. O sector TIC galego deu emprego a 16.098 traballadores en 2016, o que supón un incremento do 2,6% no último ano. Son datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dentro do “Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a Sociedade da...
O portal da Xunta vén de activar o soporte técnico eServizos para axudar aos cidadáns nas súas xestións online a través da sede electrónica e no uso de Chave 365, notifica.gal e a sala de sinaturas. Está dispoñible a través do espazo eServizos de xunta.gal (https://www.xunta.gal/eservizos) e ofrece asistencia en liña, guiando ao usuario en función das súas dúbidas; manuais de axudas e respostas a preguntas frecuentes, así como avisos en caso de interrupción destes catro servizos da Administración electrónica. Cómpre lembrar que a sede electrónica da Xunta facilita a cidadáns e empresas ata 1....

Páxinas