Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O director do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe o potencial do sector TIC para facilitar a mellora da competitividade das empresas galegas, no seu camiño cara a Industria 4.0, e para reforzar, ao mesmo tempo, os seus avances na internacionalización. Aguilera participou na apertura dunha xornada técnica con empresas tecnolóxicas mexicanas promovida polo clúster TIC e apoiada a través do programa Galicia Exporta. México é actualmente o primeiro país estratéxico de América Latina para as empresas TIC galegas. De feito, hai xa catorce empresas socias do Clúster TIC que teñen sede en México,...
Un 78,1% dos fogares de Galicia están conectados á rede mediante banda larga, un 4,1% máis ca no ano 2015, o que sitúa á Comunidade a 3,1 puntos da media estatal, igualando o ritmo de crecemento que rexistra a media estatal. Así o indican os últimos datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2016, analizados polo polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Amtega. Tipo de conexión e hábitat Segundo os datos que ofrece o INE, o 74,3% dos...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca preto de 600 prazas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, que publica hoxe o DOG, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios, xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice. Inscrición e datas das probas A inscrición poderá realizarse a través...
O 82,6% dos concellos dispón de software libre no seu equipamento informático, ben en ordenadores de usuario ou servidores, rexistrando un incremento de 3,1 puntos porcentuais no último ano. Concretamente, o 77,1% dos concellos galegos contan con software libre nos equipos informáticos de usuario e o 47,3% dos concellos contan con software libre nos seus servidores. Son datos do informe sobre o Software Libre nos Concellos de Galicia, con período de referencia o último trimestre do ano 2015, que publica o OSIMGA, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Nivel...
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación de “NETiqueta. Comunicación en Contornos Digitales”, unha obra de Nova Galicia Edicións cuxa autora, Mar Castro, afonda nas claves para adaptar a comunicación tradicional á nova contorna dixital sempre respectando os bos usos e modais co obxectivo de mellorar a reputación dixital. Román Rodríguez salientou que, nun mundo no que as novas formas de comunicarse “chegaron para quedarse”, é imprescindible coñecer as regras e os hábitos que garantan unha comunicación axeitada...
Xa están dispoñibles na canle de youtube da Amtega dúas novas vídeo-experiencias do ciclo que puxo en marcha o Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para difundir como a transformación dixital das pemes axuda a mellorar a súa eficiencia e a súa competitividade. Trátase de Veraleza, compañía de flores e plantas con sede en Tomiño que opera en España e Portugal, e Termaria, un centro dedicado ao lecer, a relaxación, o deporte e a saúde situado na cidade da Coruña. Veraleza narra no seu vídeo (https://www.youtube.com/watch?v=LfmG4voqik8) como o...
O vindeiro día 2 de outubro péchase o prazo para inscribirse no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, promovido pola Amtega, ao que pode optar calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2015-2016, sempre que o proxecto teña unha licenza libre. Unha vez analizados e avaliados os proxectos presentados, elixiranse os finalistas que participarán no acto, que terá lugar o día 21 de outubro no...
O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda destacou a importancia de articular unha coordinación axeitada entre a acción policial, xudicial e de todas as administracións públicas, para facer fronte aos novos fenómenos criminais da ciberdelincuencia. Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, inauguraron hoxe a VI Xornada de Informática Xudicial e delitos informáticos, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, en colaboración coa Amtega. As Xornadas son un punto de encontro para diversos...
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, organiza o día 4 de outubro o seminario “Coñece as novidades de Drupal 8” (https://cdtic.xunta.gal/drupal-8-santiago) que se impartirá nas súas instalacións en horario de 16.00 a 19.00 horas. Nesta actividade formativa, de carácter práctico, daranse a coñecer as características que fan de Drupal un sistema de xestión de contidos (CMS) axeitado para o desenvolvemento de webs de calquera sector. As persoas asistentes descubrirán os seus compoñentes tecnolóxicos, as súas funcionalidades e as vantaxes, a...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería de Medio Rural, abre unha convocatoria de consultas preliminares ao mercado para aplicar solucións tecnolóxicas aos controis de campo vinculados ás axudas da Política Agraria Común (PAC). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, é o primeiro paso para implantar un sistema de inspección intelixente, baseado no uso de avións non tripulados, a través do sistema de Compra Pública Innovadora. A aplicación da tecnoloxía permitirá axilizar a...

Páxinas